Manuel Rivas recibe a Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes

O escritor Manuel Rivas vén de recibir a Medalla de Ouro das Belas Artes que concede o Ministerio de Cultura. Rivas é un dos escritores galegos con maior proxección internacional e un dos autores máis destacados no actual panorama das letras galegas. Dende 2009 é membro da Real Academia Galega. É autor dunha obra literaria que […]
Presentación de “Días de intemperie”

Venres
Presentación de “O lugar onde vou”, en Neda

O mércores 28 de decembro, celebrarase, ás 19:30 h, na Casa das Palmeiras de Neda, a presentación de O lugar onde vou, de Vicente Araguas. Acompañando o autor, estará o escritor Eduardo Fra. Este libro de relatos, de Araguas, ten a peculiaridade de presentar variantes sobre unha realidade posible e outra máis que improbable. En palabras […]
Xosé Antón Cascudo Rodríguez gaña o Premio Ramón Piñeiro 2022

O autor gañou o Premio Ramón Piñeiro 2022 coa obra A mística da feminidade en Mad Men. A obra A mística en Mad Men, de Xosé Antón Cascudo, resultou gañadora do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2022, que organizan conxuntamente o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades da Secretaría Xeral de Política Lingüísitca da […]
Antón Riveiro Coello gaña o Premio Álvaro Cunqueiro

Reunido o xurado do I Premio Álvaro Cunqueiro de Novela, hoxe, nas dependencias da Biblioteca Pública de Mondoñedo, constituído por Armando Requeixo, en calidade de Coordinador, Patricia Arias Chachero, Malores Villanueva, Marcos Calveiro e Carlos Loureiro, como vogais, e Abel Vigo actuando como secretario. Logo da pertinente deliberación, o xurado decidiu outorgar por maioría o […]
A Editorial Galaxia deséxalle unhas felices festas

Dende a Editorial Galaxia desexámoslle o mellor para o 2023. Esperamos que sexa un ano cheo de saúde e ilusión, abeirado por moitas lecturas. Os mellores desexos para este novo inicio. Felices festas!
Recomendacións literarias para este Nadal

Achégase o Nadal, unha festividade na que compartir e agasallar son verbos protagonistas. O máis importante nestas datas é estar; que mellor maneira de facelo que agasallando novas lecturas que nos acompañarán durante todo o ano? Velaquí algunhas recomendacións máxicas para pedirlle na nosa carta ao apalpador: Discoteca Atlántica, de Marcos Gendre Nesta obra, publicada […]
Editorial Galaxia adianta as súas publicacións sobre Paco del Riego

Publicaranse máis dunha ducia de textos, incluídos dous libros inéditos do autor No 2023 a editorial Galaxia está de festa co gallo do día das letras galegas a Francisco Fernandez del Riego, un dos nosos fundadores. E como non podía ser menos queremos celebrar a máis non poder este ano de Don Paco con máis […]