O enigma de Embívicus: un clásico da literatura xuvenil

Galaxia vén de reeditar no pasado mes de marzo, e coincidindo co 25 aniversario da súa publicación, O enigma de Embívicus, o clásico da literatura xuvenil de Xosé A. Perozo. Aparecido por primeira vez en 1992, e descatalogado durante anos, Galaxia recupera agora esta obra fundamental, que mesmo chegou a ser incluída na famosa Biblioteca […]

A casa da avoa: as engurras nos versos de Marta Dacosta

A casa da avoa, o último libro de Marta Dacosta publicado na colección Dombate, chegaba o pasado mes de marzo ás librarías e xa fixo un oco nos andeis de lectores e críticos, sendo un dos favoritos na Tabela dos libros do blog Criticalia. A esta boa nova súmanse agora as lecturas de Ramón Rozas […]

María Fumaça e A Gramola Gominola finalistas dos Premios Martín Códax

Onte soubemos que dous dos proxectos da colección Sonárbore eran finalistas dos Premios Martín Códax da Música na categoría de “Música Infantil”. Aire, a terceira entrega da familia María Fumaça, e o primeiro libro+cd de A Gramola Gominola, poderían facerse coa estatuíña. Aire, o libro+CD máis vendido dos últimos meses, trae un lote de cancións […]

Novidade editorial: O monstro de Ille de Jorge Emilio Bóveda

Estes días chegaba ás librarías O monstro de Ille, a última novela de Jorge Emilio Bóveda publicada na colección Costa Oeste. Unha novela escura sobre un tempo escuro no que todo o sobrenatural era natural e meigas, demos, feitizos e Inquisición convivían con normalidade nun universo complexo e imprevisible. Esta é a historia de tres […]

Charla literaria sobre Versos para conversar

O pasado 29 de marzo Xoán Carlos Domínguez Alberte levou a cabo unha charla literaria sobre o seu libro Versos para conversar na biblioteca do IES de Celanova Celso Emilio Ferreiro, que recollía a visita no seu blog. Na charla, participou alumnado dos centros CEIP Xoaquín Lourenzo “Xocas”, de Bande, CEIP San Marcos, de Cartelle, […]

Oxalá estiveses aquí visita o CEIP Seis do Nadal

Hai uns días, Charo Pita visitaba aos alumnos do CEIP Seis do Nadal de Vigo para contarlles a historia do seu último libro Oxalá estiveses aquí, unha historia chea de aventuras e aprendizaxe, onde os animais protagonistas medran a medida que van pasando unhas probas que, dalgunha maneira, explican o dura… e o marabillosa que […]

Os nenos da varíola: moito máis que unha novela xuvenil

Seguen chegando lecturas de Os nenos da varíola de María Solar, un dos grandes fenómenos editorias da tempada, que parece estar gozando tamén co apoio da crítica. Mario Regueira escribe para o Sermos Galiza que “a autora é capaz de tomar, sobre esta base [a dos feitos históricos], as súas propias licenzas. As relacións persoais […]

Presentación para a prensa de Blues para Moraima en Ourense

Esta mañá presentábase nun acto para a prensa no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense, Blues para Moraima, a novela coa que Miguel Anxo Fernández gañaba o Premio Blanco Amor no 2016. Unha obra na que se combinan memoria histórica, elementos de thriller policial e unha sentida homenaxe ao cinema político. Miguel Anxo Fernández asina […]