Juan Luis Saco Cid, novo presidente da Fundación Otero Pedrayo

Juan Luis Saco Cid, ourensán, vencellado dende a infancia á figura de Ramón Otero Pedrayo, latinista, catedrático de ensino medio, que ata agora viña participando na Comisión Executiva da institución, foi elixido por unanimidade do Padroado novo Presidente da Fundación Otero Pedrayo. Substitúe no posto a Víctor F. Freixanes, que na súa condición de Presidente da […]
Aqueles días en que eramos malas, Premio Losada Diéguez

Inma López Silva vén de gañar o Premio Antón Losada Diéguez coa novela AQUELES DÍAS EN QUE ERAMOS MALAS. A historia dunha monxa, unha puta, unha moza colombiana e unha funcionaria de prisións comparten o módulo de mulleres dun cárcere e viven xuntas encerro, rebelións, lembranzas e emocións. O xurado destacou a “utilización das voces femininas” […]
Unha biografía imprescindible de Rosalía de Castro

Rosalía de Castro. Cantos de liberdade (1837-1863) é o primeiro volume da biografía da autora máis canónica das letras galegas. Está asinada por María Xesús Lama e non deixa de recoller o favor do público de da crítica. Hoxe no Faro da Cultura aparece unha recensión de Montse Pena Presas na que celebra a súa aparición […]
Faleceu o escritor Miguel Suárez Abel

Onte, 18 de abril, faleceu o escritor Miguel Suárez Abel (Santo Estevo do Campo, Arzúa, 1952). Ademais de polo seu labor como orientador no Instituto Luís Seoane de Pontevedra, posto do que se xubilara hai poucos anos, é ben coñecido pola súa obra literaria, especialmente desque obtivo o Premio Blanco Amor en 1986 coa súa […]
Ana Cabaleiro presenta Sapos e Sereas en Compostela

Ana Cabaleiro presenta Sapos e Sereas en Silleda na Libraría Couceiro. Acompañarana Mónica Places e Francisco Castro. Será unha xornada de festa pola estrea dunha nova voz na literatura galega. Con estes relatos a autora quería chamar a atención sobre o absurdo dos estereotipos de xénero, un libro combativo respecto de como nos contaron as […]
Presentación en Vigo da biografía Carlos Casares. Un contador de historias

Hoxe luns 17 de abril preséntase en Vigo Carlos Casares. Un contador de historias, a biografía coa que Henrique Monteagudo nos achega á vida e á obra do escritor homenaxeado nestas Letras Galegas 2017. Estarán con el, na Casa do Libro ás 20.00h, Xesús Alonso Montero e Francisco Castro. Contamos tamén con todos vós!
Na casa da avoa, de Marta Dacosta, no Diario Cultural

Na casa da avoa, o último libro de Marta Dacosta publicado na colección Dombate, chegaba o pasado mes de marzo ás librarías e xa fixo un oco nos andeis de lectores e críticos como demos noticia neste blog. Durante unha semana os versos de Marta Dacosta foron lidos no Diario Cultural e tamén a autora […]
A Editorial Galaxia na Gala do Libro Galego

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), a Asociación Galega de Editoras (AGE) e a Federación de Librarías de Galicia deron a coñecer esta mañá as obras finalistas da Gala do Libro Galego 2017, un galardón co que se pretende recoñecer a excelencia do traballo literario realizado no ámbito editorial ao longo do ano 2016 en Galicia. As […]