María Fumaça e A Gramola Gominola finalistas dos Premios Martín Códax

Categoría: Nova

Onte soubemos que dous dos proxectos da colección Sonárbore eran finalistas dos Premios Martín Códax da Música na categoría de “Música Infantil”. Aire, a terceira entrega da familia María Fumaça, e o primeiro libro+cd de A Gramola Gominola, poderían facerse coa estatuíña.
Aire, o libro+CD máis vendido dos últimos meses, trae un lote de cancións de diferentes estilos pero presididas pola mesma filosofía do primeiro traballo: a alegría de vivir, de ser, de estar no mundo, de compartir unha ollada diferente sobre o mundo, unha ollada mellor. O libro, ilustrado por P. Pastro inclúe tamén un DVD.
Pola súa banda, o primeiro trataballo de A Gramola Gominola, que leva o título do grupo que o botou a andar, conta coa participación de artistas como Mini e Mero ou Luís Tosar. Un traballo sorprendente que repasa moitos xéneros musicais e que está cheo das vistosas ilustracións creadas pola ilustradora Lidia V. Cardeiro.
Moitísima sorte a estes dous proxectos que fan cantar en galego a milleiros de nenos!
 

Comparte nas túas redes sociais ou por email