O enigma de Embívicus: un clásico da literatura xuvenil

Galaxia vén de reeditar no pasado mes de marzo, e coincidindo co 25 aniversario da súa publicación, O enigma de Embívicus, o clásico da literatura xuvenil de Xosé A. Perozo. Aparecido por primeira vez en 1992, e descatalogado durante anos, Galaxia recupera agora esta obra fundamental, que mesmo chegou a ser incluída na famosa Biblioteca […]

A casa da avoa: as engurras nos versos de Marta Dacosta

A casa da avoa, o último libro de Marta Dacosta publicado na colección Dombate, chegaba o pasado mes de marzo ás librarías e xa fixo un oco nos andeis de lectores e críticos, sendo un dos favoritos na Tabela dos libros do blog Criticalia. A esta boa nova súmanse agora as lecturas de Ramón Rozas […]

María Fumaça e A Gramola Gominola finalistas dos Premios Martín Códax

Onte soubemos que dous dos proxectos da colección Sonárbore eran finalistas dos Premios Martín Códax da Música na categoría de “Música Infantil”. Aire, a terceira entrega da familia María Fumaça, e o primeiro libro+cd de A Gramola Gominola, poderían facerse coa estatuíña. Aire, o libro+CD máis vendido dos últimos meses, trae un lote de cancións […]

Novidade editorial: O monstro de Ille de Jorge Emilio Bóveda

Estes días chegaba ás librarías O monstro de Ille, a última novela de Jorge Emilio Bóveda publicada na colección Costa Oeste. Unha novela escura sobre un tempo escuro no que todo o sobrenatural era natural e meigas, demos, feitizos e Inquisición convivían con normalidade nun universo complexo e imprevisible. Esta é a historia de tres […]