Víctor F. Freixanes e Marilar Aleixandre na Feira do Libro da Coruña

Comeza a Feira da Coruña e este venres temos dúas presentacións moi importantes para nós. Víctor F. Freixanes presenta a reedición de Unha ducia de galegos, un libro que saíu en agosto de 1976 e constituíu un extraordinario acontecemento editorial na Galicia daquel tempo; tres mil exemplares que se agotaron en apenas tres meses. O seu […]
Pelerinaxes gaña o primeiro premio no 21º Avanca Film Festival (Portugal)

O filme Pelerinaxes, do director italo-galego Simone Saibene, recibiu onte o máximo galardón na sección documental no Avanca Film Festival, un dos festivais máis lonxevos de Portugal. O premio foi ex aequo con Flames de Throwell e Decker, outro filme que xunto co de Saibene impresionou favorablemente o xurado. Pelerinaxes fai o percorrido que hai […]
Galaxia na Feira do Libro de Ponteareas

Ponteareas celebra esta fin de semana a Feira do Libro, que se fará por primeira vez nesta localidade. Durante estes días haberá actuacións, presentacións de libros, animación infantil e sorteo de libros e dunha estancia no Balneario de Mondariz. A Editorial Galaxia estará presente con todo o seu catálogo. Ademais o venres ás 19.00h presentaremos o […]
A Esmorga xa en Filmin

O vindeiro 25 de xullo, Día de Galicia, o cinema galego e en galego está de noraboa. O lanzamento da filmografía de Ignacio Vilar en Filmin contribuirá á difusión do noso cinema tanto en España coma en Portugal. Desta maneira A esmorga (2014), a exitosa película de Ignacio Vilar da que a Editorial Galaxia é coprodutora xunto con Via Láctea […]
95 anos de Luz

Hoxe a poeta Luz Pozo Garza cumpre 95 anos e a Real Academia Galega réndelle esta tarde unha homenaxe. Dende a Editorial Galaxia sumámonos a esta iniciativa e festexamos os 95 anos de Luz. Naceu en Ribadeo en 1922. En 1936 trasladouse a Lugo, sendo seu pai perseguido polo fascismo, e logo a Larache (Marrocos). […]
Marcos Calveiro gaña o García Barros con O xardineiro dos ingleses

Marcos Calveiro gaña o XXIX Premio García Barros coa obra O xardineiro dos ingleses que para finais de ano verá a luz na Editorial Galaxia. O xurado composto por Carlos Lema, Armando Requeixo, Mario Regueira, Inma Otero e Carlos Loureiro destacou esta novela entre todas as que se presentaron. O Premio García Barros é unha fantástica […]
A vida sinxela de Marcelo Firmamento comeza a súa singradura

Vanesa Santiago gañou o Premio Illa Nova de Narrativa coa novela A vida sinxela de Marcelo Firmamento, coa unanimidade do xurado composto por Inma López Silva, Mario Regueira, Berta Dávila, Nuria Piñeiro e Ismael Ramos. As presentacións vanse suceder nos próximos días nas cidades da Coruña, Santiago e Vigo, acollidas por El Corte Inglés, un […]
Unha ducia de galegos corenta anos despois

A primeira edición deste libro, en agosto de 1976, constituíu un extraordinario acontecemento editorial na Galicia daquel tempo; tres mil exemplares que se agotaron en apenas tres meses. O seu autor tiña daquela vinte e catro anos. Doce persoas da cultura e da lingua galega, doce persoeiros do galeguismo falaban cun xornalista mozo sobre o […]