Víctor F. Freixanes e Marilar Aleixandre na Feira do Libro da Coruña

Categoría: Nova

Comeza a Feira da Coruña e este venres temos dúas presentacións moi importantes para nós. Víctor F. Freixanes presenta a reedición de Unha ducia de galegos, un libro que saíu en agosto de 1976 e constituíu un extraordinario acontecemento editorial na Galicia daquel tempo; tres mil exemplares que se agotaron en apenas tres meses. O seu autor tiña daquela vinte e catro anos, agora volve sobre aquelas doce conversas. Na presentación, que terá lugar ás 20.30h, conversará con dúas xornalistas, Tamara Montero e Belén Regueira, tamén o acompañará o Director Xeral da Editorial Galaxia, Francisco Castro.
Un pouquiño antes, ás 19.45h, Marilar Aleixandre presentará Alí Babá, Morxiana e os corenta usureiros. A autora estará acompañada de Mercedes Queixas e Francisco Castro, que conversarán sobre este conto de sempre mais non coma sempre. Así, Morxiana, rebélase contra o mundo e as relacións de xénero e de dominación. Empodérase, é muller de seu.
Agardámosvos este venres á tardiña na Feira da Coruña!

Comparte nas túas redes sociais ou por email