Novidade editorial: Tres estudos para un poema da cidade de Antón Blanco

Estes días comezará a chegar ás librarías Tres estudos para un poema da cidade o novo poemario de Antón Blanco Casás. Este novo libro, Tres estudos para un poema da cidade, debería entenderse dentro dun xogo de trindades, un tríptico que encarna un feito común para as diversas figuras e, ao tempo, vela para que […]

Nace o I Certame de textos teatrais Roberto Vidal Bolaño

A Editorial Galaxia e o IES Ribeira do Louro a través do seu Equipo de Dinamización Lingüística, convocan o I Certame de textos teatrais Roberto Vidal Bolaño. Homenaxeando o nome do xenial dramaturgo compostelán a quen se lle adicou Día das Letras Galegas do pasado 2013, este novo premio ten como finalidade animar á escrita […]

I Certame de textos teatrais Roberto Vidal Bolaño

Este certame nace pola necesidade de fomentar a escrita de textos teatrais dirixidos ao alumnado de ESO e Bacharelato. Por iso, o IES Ribeira do Louro e a Editorial Galaxia, convocan este certame coa finalidade de crear un fondo de textos teatrais susceptibles de ser representados por alumnado do ensino secundario. BASES: Poderán concorrer ao […]

A National Library of Ireland fala de Galaxia

No pasado número da revista da National Library of Ireland, a Editorial Galaxia e o seu presidente Antón Vidal Andión foron mencionados como recoñecemento pola exitosa tradución do Ulises de James Joyce ao galego. A novela, publicada no ano 1922, saiu do prelo nunha nova tradución para o galego no ano 2013 da man do equipo formado […]

Galaxia publicará dous libros inéditos de Neira Vilas

A Editorial Galaxia publicará durante este ano e o vindeiro, dous libros inéditos de Xosé Neira Vilas. Ambos os textos aparecerán dentro da Biblioteca de Autor que a Editorial Galaxia dedicou, xa en vída, a reunir a obra do escritor inmortal de Memorias dun neno labrego. Neste ano 2018, durante o mes de abril, publicarase De […]

Galaxia lanza o Reto Lector 2018

A Editorial Galaxia lanza hoxe a segunda edición do seu Reto Lector destinado a fomentar a lectura entre os máis novos. Despois do éxito da primeira convocatoria en marzo de 2017, na que con apenas dous meses de prazo para participar se recibiron 35 vídeos enviados por rapazas e rapaces de toda Galicia, Galaxia persiste […]

Reto Lector 2018

Bases 1. Poderán optar ao premio as rapazas e os rapaces de entre 12 e 16 anos, ambas as idades incluídas. 2. Para participar hai que ler dous libros da Editorial Galaxia das coleccións Árbore, Costa Oeste ou Literaria. 3. Cada participante deberá enviar a galaxia@editorialgalaxia.gal dous arquivos de video a través da plataforma WeTransfer, […]

Os máis vendidos do 2017 en Galaxia

En Galaxia botamos a vista atrás para ver cales foron os libros máis vendidos da nosa editorial no pasado 2017. Encabezando a listaxe, o que sen dúbida foi un dos libros máis importantes do ano, Os nenos da varíola, a novela de María Solar que encheu teatros de adolescentes para falar sobre ciencia e literatura, […]