Casares: unha visión narrativa da vida

Hai unhas cantas semanas, Daniel Salgado comentaba nas páxinas do Sermos Galiza a obra de Carlos Casares A ledicia de ler, conxunto de 400 artigos recollidos por Galaxia nun só volume. Sobre este conxunto de relatos do escritor ourensán, Salgado expoñía que “os textos amosan a súa atención demorada e crítica á literatura galega. Novelistas, poetas, ensaístas, […]

Galaxia celebra a Rosalía de Castro

Hoxe, 24 de febreiro celebramos o 181º aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, autora maior das nosas letras, e facémolo cun breve repaso da pegada rosaliana no catálogo de Galaxia. Dende as edicións da propia obra da autora, dúas de Cantares gallegos e unha de Follas novas, ata o clásico de Ramón Otero Pedrayo, Rosalía, no que […]

Chega ás librarías nós-dentro

Estes días chegaba ás librarías galegas nós-dentro, o novo poemario de Eduardo Estévez, un libro no que o poeta volve reflexionar sobre a trascendencia nos elementos dos cotián. Así, os itinerarios de dentro constrúense coas mudanzas da luz, as rutinas dos habitantes e as interferencias que traen os libros. Porque as lecturas producen na voz […]

Berta Dávila fala sobre A pel do mundo

Hai xa unhas semanas, no Sermos Galiza, Berta Dávila, autora de A pel do mundo, falaba sobre o seu último poemario para o público infantil publicado por Galaxia. Sobre este libro de poesía ilustrado por Alba Cid, a autora explicaba: “A única razón válida para facer case calquera cousa é por amor. Para escribir un […]

Galaxia celebra o Día da Lingua Materna

Na Editorial Galaxia sumámonos hoxe, 21 de febreiro, á celebración do Día da Lingua Materna. A UNESCO entende que o Día da Lingua Materna está destinado a celebrar e preservar a diversidade lingüística do noso planeta, asegurando vías de desenvolvemento sostible para todas as linguas. Dende Galaxia sumámonos a esta intención co orgullo que nos […]

Ramón Villares analiza a identidade galega

Hai unhas semanas Mario Regueira escribía no semanario Sermos Galiza sobre o novo ensaio de Ramón Villares, Identidade e afectos patrios, publicado por Galaxia. Na recensión, Mario Regueira destacaba: “Identidade e afectos patrios demostra unha serie de calidades infrecuentes neste tipo de coleccións e non podemos deixar de pensar que o verdadeiro tema de fondo […]

Galaxia publica a biografía de María Victoria Moreno

Recén saída do prelo, chega estes días ás mesas de novidades das librarías do país A voz insurrecta, unha biografía a cargo da crítica e profesora Montse Pena Presas publicada na colección Letras Galegas da Editorial Galaxia que intentará achegar ao gran público a figura de María Victoria Moreno. Unha iniciativa que se suma á […]

Chega ás librarías Bonus track a estrea narrativa de Rosalía Fernández Rial

A partir da vindeira semana comezará a chegar ás mesas de novidades das libraías galegas Bonus track a estrea narrativa da poeta Rosalía Fernández Rial. Ás veces precísase dar todo por perdido para que algo inesperado te sorprenda. Pero sempre hai unha posibilidade para a esperanza. Por iso cómpre esgotar as pistas establecidas se queres […]