Convócase o XII Premio de Narrativa Breve Repsol

Convocado pola Fundación Repsol, a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e a Editorial Galaxia, o Premio de Narrativa Breve Repsol chega á súa 12ª edición. A dotación económica do premio ascende a 12.000 euros e inclúe a publicación da novela curta por parte da Editorial Galaxia na súa colección Literaria. As […]

XII Premio de Narrativa Breve Repsol

O Premio de Narrativa Breve Repsol está convocado pola Fundación Repsol, a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e a Editorial Galaxia. A dotación económica do premio ascende a 12.000 euros e inclúe a publicación da novela curta por parte da Editorial Galaxia na súa colección Literaria. As obras poderán enviarse ata […]

Entrega do premio do I Certame de Textos Teatrais Roberto Vidal Bolaño

Este sábado, ás 19:00h, terá lugar no Bar Liceum do Porriño o acto de entrega do premio do I Certame de Textos Teatrais Roberto Vidal Bolaño, do que resultou gañadora hai un par de semanas Fernando Castro Paredes coa súa obra A derradeira bala. Ademais do gañador, intervirán no acto Francisco Castro, director xeral de […]

Coas miñas mans: o novo traballo de Pablo Díaz

Estes días comeza a chegar ás librarías galegas Coas miñas mans, o novo libro+cd de Pablo Díaz publicado na colección Sonárbore. Acompañado das ilustracións de Lucía Cobo, este é o cuarto traballo de Pablo Díaz dedicado ao público infantil e primario, onde se fixou especialmente na importancia da linguaxe xestual para os máis pequenos, de […]

Deixounos Xabier P. Docampo, un dos pais da LIX galega

Hoxe soubemos do pasamento de Xabier P. Docampo (1946-2017), un dos pais da literatura infantil e xuvenil galega moderna. Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil en 1995 polo xa clásico Cando petan na porta pola noite, Docampo é autor dunha amplísima obra entre a que se atopan A noite das filantes (2009), Adelaida, Henrique […]

Entréganse os premios do Reto Lector 2018

A barbadesa Eira Losada gañou esta segunda edición da campaña de fomento da lectura da Editorial Galaxia cun vídeo no que defende a tradución de obras ao galego. Declaráronse ademais outros cinco vídeos finalistas. Esta mañá entregábanse na Casa Galega da Cultura de Vigo os premios do Reto Lector 2018, a campaña de animación á […]

Patricia Mallo gaña o I Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro

A obra Os Fantom impúxose aos 39 orixinais presentados nesta primeira edición e será publicada pola Editorial Galaxia o vindeiro outono Reunido en Santiago de Compostela esta mesma mañá, un xurado composto pola escritora e académica Fina Casalderrey, a profesora Blanca Ana Roig Rechou e o director xeral da Editorial Galaxia Francisco Castro, decidiu por […]

Celebramos o Día Internacional da Música

En Galaxia celebramos o Día Internacional da música coa chegada ás librarías de dúas novidades editoriais na colección Sonárbore, e facémolo viaxando No país do vento de Charo Pita da man dos Monstros con ou sen consentimento de Chuches Amil. Sonárbore, esa colección para que os máis pequenos canten e bailen en galego e que […]