Versogramas acada 4 nominacións nos Premios Mestre Mateo

O documental Versogramas, publicado nunha coidada edición con textos e dvd o pasado ano na nosa colección de Libro-Cinema, acaba de ser nominada en catro categorías na vindeira edición dos Premios Mestre Mateo, os grandes galardóns do audiovisual galego. Mellor documental, mellor montaxe, mellor música orixinal e mellor dirección de fotografía son as categorías nas […]

Chega ás librarías a nova novela de Isaac Xubín

Estes días comeza a chegar ás librarías Os largos e longos campos de liño azul, a nova e agardada novela de Isaac Xubín despois de que gañase o Premio da Crítica Española de narrativa en galego por Non hai outro camiño (2016). Nesta nova entrega, Xubín volve botar man de xeito maxistral dunha estrutura fragmentaria […]

Estreamos espazo en Nós Televisión

O pasado mes de xaneiro estreamos espazo de libros na canle de Nós Televisión. #UniversoGalaxia foi o nome escollido para unha sección onde teredes a oportunidade de coñecer máis de preto as nosas novidades literarias da man das súas autoras e autores. A encargada de estrear este novo espazo foi Ana Cabaleiro que, con As […]

Convocado o II Premio Roberto Vidal Bolaño

Xa está aberto o prazo para que envíes a túa peza teatral ao II Premio Roberto Vidal Bolaño de textos teatrais para o público xuvenil. Convocado polo Concello do Porriño, o IES Ribeira do Louro e a Editorial Galaxia, este premio nacía o pasado 2018 co obxectivo de de fomentar a escrita de textos teatrais […]

II Premio Roberto Vidal Bolaño

Este certame nace pola necesidade de fomentar a escrita de textos teatrais dirixidos ao alumnado de ESO e Bacharelato. Por iso, o Concello do Porriño, o IES Ribeira do Louro e a Editorial Galaxia, convocan este certame coa finalidade de crear un fondo de textos teatrais susceptibles de ser representados por alumnado do ensino secundario. […]

Inaugúrase a exposición As caras dos libros

Dende o 31 de xaneiro pode verse na Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo a exposición As caras dos libros. Unha viaxe polo deseño das cubertas na obra de Carlos Casares e na colección Árbore, un proxecto que nos enche de orgullo e do que somos entidade colaboradora a carón da UVigo, a […]

30X: Día da Ilustración e aniversario do nacemento Castelao

Hoxe, mércores 30 de xaneiro, en Galaxia unímonos á celebración do día da Ilustración e tamén do aniversario do nacemento de Castelao, e facémolo dun xeito moi especial, recomendándovos a lectura dos seus Álbums de Guerra, que estaremos presentando esta tarde ás 19:30h no Edificio Sexto do Museo Provincial de Pontevedra a carón de Xosé […]

Chega ás librarías A casa do paralelo 54

Estes días comeza a chegar ás librarías A casa do paralelo 54, o novo libro de Iria Collazo López (Barro, 1981) para o público infantil. Publicado na colección Árbore, A casa do paralelo 54 móvese na fronteira entre os últimos chanzos da literatura para cativos, a partir do 12 anos, e as primeiras lecturas xuvenís, […]