A Fundación Otero Pedrayo e Galaxia colaboran na difusión da súa obra

Aínda que sempre foi unha fecunda simbiose a que se desenvolveu entre ambas as institucións, a Editorial Galaxia e a Fundación Otero Pedrayo decidiron asumir conxuntamente as accións relativas á promoción, publicación e espallamento da obra de don Ramón. Así pois, Afonso Vázquez-Monxardín en nome da Fundación e Francisco Castro pola Editorial, coidarán o plan […]

Arranca o ano Fraguas

O pasado venres asistimos no Museo do Pobo Galego á presentación institucional da programación do ano Fraguas nunha rolda de prensa convocada pola Consellería de Cutlura da Xunta de Galicia. Entre as moitas iniciativas que alí se deron cita, houbo tamén espazo para as propostas editoriais, entre as que Galaxia capitanea a recuperación da obra […]

Celebramos a Rosalía de Castro

O 24 de febreiro celebramos o 182º aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, autora maior das nosas letras, e facémolo cun breve repaso da pegada rosaliana no catálogo de Galaxia. Dende as edicións da propia obra da autora, dúas de Cantares gallegos e unha de Follas novas, ata o clásico de Ramón Otero Pedrayo, Rosalía, no que […]

Celebramos o Día da Lingua Materna

Na Editorial Galaxia sumámonos hoxe, 21 de febreiro, á celebración do Día da Lingua Materna. A UNESCO entende que o Día da Lingua Materna está destinado a celebrar e preservar a diversidade lingüística do noso planeta, asegurando vías de desenvolvemento sostible para todas as linguas. Promulga deste xeito, através da celebración do 21 de febreiro, […]

Tres meses da colección Feminismos

A colección Feminismos da Editorial Galaxia comezou a andar a finais de novembro do ano pasado co desembarco nas mesas de novidades das librarías galegas de tres títulos clave: Feminicidio, unha nova orde pariarcal en tempos de submisión, de Carme Adán; ám@me, pensar o amor no século XXI, de Chis Oliveira e Amada Traba; e […]

Víctor F. Freixanes presenta novela en Compostela

Este luns, 18 de febreiro, ás 19:30h, agardámosvos na libraría Cronopios de Santiago de Compostela para asistir á presentación da nova edición de O triángulo inscrito na circunferencia, a novela de Víctor F. Freixanes que revolucionou o panorama da narrativa galego a inicidio dos anos 80. Acompañando ao autor estarán a profesora da USC Dolores […]

Estrelas da despensa galega galardoado no Premio de Xornalismo Álvaro Cunqueiro

Onte soubemos da boísima nova de que Estrelas da despensa galega, o libro de Carina Regueiro sobre os mellores produtos da nosa terra, acadaba o segundo premio do XXV Premio de Xornalismo Gastronómico “Álvaro Cunqueiro”. O premio dotado con mil euros, recaeu en Estrelas da despensa galega e 67 receitas con historia e sabor, publicado a […]

Chega ás librarías Non trabes na lingua

Estes días comezaba a chegar ás librarías Non trabes na lingua, o novo libro de Antón Cortizas na colección Árbore para lectores a partir dos 8 anos. Ilustrado con grandes doses de poesía por Pepa Prieto Puy, Non trabes na lingua é, coa retranca coa que o título o indica, un volume de trabalinguas para […]