Convocado o II Premio Roberto Vidal Bolaño

Categoría: Nova

Xa está aberto o prazo para que envíes a túa peza teatral ao II Premio Roberto Vidal Bolaño de textos teatrais para o público xuvenil.
Convocado polo Concello do Porriño, o IES Ribeira do Louro e a Editorial Galaxia, este premio nacía o pasado 2018 co obxectivo de de fomentar a escrita de textos teatrais dirixidos ao alumnado de ESO e Bacharelato, dada a necesidade de crear un fondo de textos teatrais susceptibles de ser representados por alumnado do ensino secundario.
Cun premio de 2.000 euros, mais a publicación da obra no catálogo da colección Costa Oeste de Galaxia, este convértese nun dos galardóns de referencia do panorama teatral e súmase á aposta pola dramaturxia en galego que leva desenvolvendo esta Editorial durante os últimos anos, pensando especialmente no público infantil e xuvenil.
Podes enviar o teu texto ata o 1 de abril de 2019. Participa!
Consulta ou descarga as bases ao completo aquí.

Comparte nas túas redes sociais ou por email