Outono de traducións

Con Tras do solpor temos por primeira vez a oportunidade de ler en galego a obra dun dos grandes autores xaponeses contemporáneos, Haruki Murakami. En Toquio, no tempo que vai da medianoite ao mencer, inícianse e remátanse as historias desta novela. Xente da noite, vidas que conflúen, segredos descubertos e preguntas que ás veces non […]

Flis-Fli-Ris-Flás

A campaña, que conxuga o teatro, a lectura, as actividades lúdicas arredor da lingua dirixidas ás familias e as novas tecnoloxías, foi presentada pola secretaria xeral de política lingüística, Marisol López, quen estivo acompañada tamén por representantes das outras editoriais galegas que achegan diferentes materiais para o fomento da lingua de nós. Flis-fli-ris-flás é un […]

Eu escribo, ti escribes, el escribe

Eu escribo, ti escribes, el escribe (A escrita creativa na aula) é un Obradoiro Literario dirixido a profesor@s e centrado na aprendizaxe de técnicas de Escritura Creativa para poñer en práctica nas aulas ou noutras actividades de lecer coa mocidade. Todos os participantes verán publicados algúns dos seus poemas ou contos nun blog interactivo que […]

Xosé Luís Martínez Pereiro, Premio Repsol de Narrativa Breve 2008

A plica abriuse diante dos xornalistas na Fundación Luís Seoane da Coruña. Encargouse de facelo o catedrático da Universidade de Santiago e crítico literario, Anxo Tarrío. En opinión do xurado, trátase dun libro imaxinativo, desenfadado e culto, que o secretario do xurado relacionou coa tradición de Borges e con autores galegos como Carlos Casares ou […]

25 anos de cultura galega

Galicia 25. Unha cultura para un novo século é o título da mostra que se presentou na Sede Central de Caixanova, en Vigo. A exposición consta de 25 módulos que amosan a evolución cultural do país en diversos ámbitos ao longo do último cuarto de século. Segundo explicou Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura […]

O Día da Tradución dedicado a Valentín Arias

O día 30 de setembro é o Día Internacional da Tradución. Entre os actos programados inclúese a homenaxe a Valentín Arias López (Sarria, 1934), personalidade sobranceira da cultura e do libro galego, mestre destacado nos movementos de renovación pedagóxica e de galeguización do ensino e autor dunha importante e abondosa produción de traducións á nosa […]

"Eu tamén son fonte", de Teresa Moure

No acto interviron Patricia López Izquierdo, presidenta de Fedegalma (Federación Galega de Apoio á Lactación Materna, primeira impulsora da obra, xunto coa Dirección Xeral de Saúde Pública ), Francisco Castro en representación da Editorial Galaxia e a autora, Teresa Moure, quen fixo unha defensa apaixonada da lactación materna ao tempo que leu o conto mentres […]

John Rutherford, académico de honra

Entrou solemnemente no salón da rúa Tabernas acompañado dos académicos Ramón Villares Paz e Darío Xohán Cabana. O profesor Antón Santamarina encargouse de responder a súa intervención, que versou sobre a figura e o sorriso de Daniel no pórtico da catedral compostelana e as súas referencias noutras representacións e simboloxías dentro da cultura occidental. John […]