Bieito Iglesias

As enormes minucias. Por Bieito Iglesias. Bieito Iglesias recomenda as columnas publicadas por Galaxia baixo o título de Á marxe recompiladas en dous tomos (os correspondentes a 1992 e 1993). O lector atopará semellanzas cunqueirianas, censura da corrupción política, parangóns entre a cotra carpetovetónica e as socialdemocracias escandinavas, picadelas aos impostores da arte contemporánea ou […]

Santiago Jaureguizar

A novela negra sempre foi un xénero marxinal na nosa literatura, mesmo semella que ela mesma procurou o malditismo. Mesmo houbo escritores xeralistas que a practicaron dando por supostos uns éxitos de vendas que nunca chegaron. Carlos Reigosa vendeu 35.000 exemplares de Crime en Compostela, mais nunca repetiu o logro; Edicións Xerais chegou a ter […]

Anxos Sumai

A nosa historia Charli Gómez ó principio só é un oco, un perfil, un personaxe que asoma detrás da fotografía que hai anos, na época de estudante, tirou dun vello mendigo nas rúas de Compostela. Aí comeza Esta historia: unha foto no escaparate dunha librería, e quen a ve non pode evitar preguntarse que sería […]

Alejandro Tobar Salazar

A bisneta lercha Acaba de se publicar na editorial Galaxia, dentro da colección Literaria, o novo libro de Paco Martín, A bisneta lercha, catro relatos, que, bebendo das fontes do conto clásico, aporta unha mirada fresca e anovadora que de seguro ha atrapar ao lector desde o comezo. Para este fin ten recurrido o autor […]

Manuel Pérez Rúa

Historia de Galicia de Ramón Villares Como a memoria de cada un de nós, a historia sempre se le de adiante a atrás: buscamos xustificacións e lexitimidades no noso pasado persoal ou colectivo, un discurso de volta á infancia, á tradición, ao coñecido, como se houbese unha época dourada e recuperable. Ao fío dos acontecementos […]

Manuel Pereira Valcárcel

Vredaman de Unai Elorriaga chegou a min en forma de regalo amigable, que é un dos mellores xeitos en que poden arribar onda nós os libros. Levado da recomendación que supón todo agasallo, encetei a súa lectura e quedei prendido nela dende a frase inicial, "As plantas, por exemplo, non beben café con leite", desde […]

Takekazu Asaka

Gramática da lingua galega por Rosario Álvarez Blanco e Xosé Xove. A Editorial Galaxia publicou tres libros de gramática galega ata este momento. O primeiro é de "Gramática elemental del gallego comun" por Ricardo Carballo Calero (1966). O segundo é de "Gramática galega" por R. Alvarez, H. Monteagudo e X.L. Regueira (1986). O último é […]

Óscar Pereiro

A miña bici e máis eu A miña dedicación ao ciclismo é consecuencia dos amigos que tiña de pequeno. Eu andaba cun grupo de rapaces que practicaba o ciclismo e, claro, conseguiron liarme. Así que cando fixen a Primeira Comuñón pedín de agasallo unha bici. E aquí estou. Quero dicir que o que un é […]