No Entroido, todos estranxeiros

Hoxe comeza o entroido e os nenos e as nenas, pero tamén moitos adultos, decláranse por uns días alleos a eles mesmos, estraños de si propios, dispostos a, máscara na cara, ser outros, xogar o xogo feliz do cambio, asumindo outros roles, pescudando outros xeitos de ser, atrevéndose a ver o mundo cos ollos da […]

Presentación do libro O LECER DAS AUGAS en Ourense

Este venres, ás 20:00 h, na sala de exposicións do Centro Cultural da Deputación de Ourense presentarase o libro O LECER DAS AUGAS. No acto participan Benigno Amor, xerente da Asociación de Balnearios de Galicia, Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia, e un dos autores do libro, Luís Alonso Álvarez. Nesta publicación o lector […]

Presentación na Pobra do Caramiñal de MEMORIA DE CIDADES SEN LUZ

A Asociación Cultural Barbantia organiza este acto de presentación de 'Memoria de cidades sen luz', de Inma López Silva, no que estarán presentes ademais da autora, por parte da directiva de Barbantia, María Xesús Blanco, o coordinador da asociación, Alberto Piñeiro, e mais o presidente, Xesús Laíño. 'Memoria de cidades sen luz' é un dos […]

Unha estratexia marítima para Galicia

Estes días está a chegar ás librerías do país o libro titulado 'Unha estratexia marítima para Galicia', coordinado por Manuel M. Varela Lafuente e no que un grupo de expertos das tres universidades como o expresidente da Xunta Fernando González Laxe ou o economista Albino Prada, entre moitos outros, deitan a súa visión sobre o […]

Caneiro, Premio de Xornalismo Francisco Fernández del Riego

Este venres tivo lugar en Pontevedra o fallo da VIII edición Premio de Xornalismo en lingua galega Francisco Fernández del Riego, convocado por Novacaixagalicia coa vocación de impulsar o uso do idioma galego nos medios de comunicación. Nesta ocasión o artigo gañador foi "Sumar, Ana", de Xosé Carlos Caneiro, publicado en La Voz de Galicia […]

Presentación de UNHA ESTRATEXIA MARÍTIMA PARA GALICIA en Vigo

Mañá martes presentarase en Bouzas, en Vigo, o libro titulado 'Unha estratexia marítima para Galicia', coordinado por Manuel M. Varela Lafuente e no que un grupo de expertos das tres universidades como o expresidente da Xunta Fernando González Laxe ou o economista Albino Prada, entre moitos outros, deitan a súa visión sobre o papel e […]

Premios para Neira Vilas e Ana Romaní

O gremio editorial galego celebrou este serán en Lugo a VI Noite da Edición de Galicia, unha gala coa que a Asociación Galega de Editores reúne anualmente a todos aqueles que traballan no eido da produción e edición do libro. No acto entregáronse os Premios da Edición 2010, concedidos polos propios editores. O evento, que […]

Sandro Veronesi presenta CAOS CALMO

O escritor italiano Sandro Veronesi presenta esta tarde no Casino de Santiago (rúa do Vilar, 35) a edición galega da súa novela CAOS CALMO, Premio Novela Europea Casino de Santiago 2009. Estará acompañado por Ubaldo Rueda, vicepresidente do Casino, e por Carlos Lema, director de edicións de Galaxia. Nesta obra reflexiónase arredor do cambio profundo […]