ONDULACIÓNS ONTOLÓXICAS de María Grandío

No último GRIAL, no apartado de Creación, damos voz á poeta luguesa, nada no 1982, María Grandío e que levan por título, ONDULACIÓNS ONTOLÓXICAS. Dende o seu inicio, a nosa revista quixo servir, tamén, de plataforma para que autores e autoras que andan a comezar a súa andaina literarira, atoparan acubillo onde poder dar a […]
Defensa de tese de doutoramento na USC sobre Editorial Galaxia

Un proxecto estratéxico perfectamente deseñado pola resistencia galeguista a prol da defensa e recuperación da cultura galega despois da guerra civil. Proxecto cultural e en gran medida político, que se foi materializado nunha amplia rede de relacións, dentro e fóra de Galicia, e ao cal debemos gran parte do discurso da nosa identidade cultural contemporámea. […]
A enorme dimensión da obra poética de Manuel María
Sae do prelo a Antoloxía Poética de Manuel María, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2016, realizada por Darío Xohán Cabana e Amelia Outeiro Portela e publicada pola Editorial Galaxia. Esta antoloxía recolle unha ampla mostra da enorme dimensión da obra poética de Manuel María e da variedade dos seus temas e formas, pensada […]
Cuarta edición para PROHIBIDO CASAR, PAPÁ!

Chega ás librarías a cuarta edición de Prohibido casar, papá! no que Fina Casalderrey nos amosa o mundo interior de Elia, con todas as inquedanzas e teimas dunha adolescente. Internada nun hospital por mor dunha operación de apendicite, Elia alterna a rememoración dos momentos máis importantes da súa vida coas visitas que recibe dos seus […]
Pensamento único

Os medios de comunicación camuflaron estes días, entre predicións de pactos post-electorais e imaxes da Infanta Cristina sentada fronte a un xuíz, unha nova inquietante que pasou desapercibida para moitos: escritores do calibre de Caballero Bonald (todo un Premio Cervantes), Eduardo Mendoza ou Javier Reverte, entre outros, están sendo sancionados pola Seguridade Social por un […]
Sobre a Arte Galega e as súas circunstancias

A Arte concibida como un capítulo máis do discurso social, condicionada polo contexto en que se presenta, e tamén condicionada pola circunstancia histórica en que se produce. Dende o 11 de setembro de 2001, por salientar unha data de referencia, as cousas son radicalmente distintas. Tamén para nós, que non somos unha illa nin vivimos […]
Segunda edición para O ÁLBUM DE GARRINCHA

O libro saíu xusto antes do verán e, dende o primeiro instante, foi un éxito de vendas e agora é tamén na prescripción educativa, pois son moitos os centros escolares que optan polo libro de Beatriz Maceda Abeleira como lectura para os seus alumnos e alumnas. Un libro que nos fala da integración de todas […]
Sae do prelo o 'Terceiro Adral' de Filgueira Valverde
O 'Terceiro Adral' de Xosé Filgueira Valverde estará na semana que vén nas librerías do país. Neste volume, o autor reuniu unha combinación de temas diversos iluminados por unha reflexión sobre os ritos da vida e da morte. Son artigos concibidos como evocacións e lembranzas contadas coa fidelidade que xorde da erudición e cunha migalla […]