Presentación de IN VINO VERITAS de Francisco Castro

O escritor Francisco Castro presenta a súa nova novela, 'In vino veritas'. Estará acompañado por Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia, e polo músico Anxo Pintos. A novela, que o autor de Spam califica de 'furiosa', desenvólvese no ambiente da burguesía cidadá, entre adegueiros e presentadores de televisión, e descobre para os lectores os […]
Presentouse IN VINO VERITAS

No marco dos actos da Feira do Libro de Vigo presentouse onte a nova novela de Francisco Castro, 'In Vino Veritas'. O autor estivo acompañado polo director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes e o músico Anxo Pintos. Ambos os dous desgranaron diante da audiencia que ateigou a carpa da praza de Compostela viguesa, os […]
Fausto virá cear connosco

A premiada poeta Marga do Val tamén participou no proxecto 'Cociñando ao pé da letra'. Para o libro atreveuse cun prato de coello que vos deixamos aquí. INGREDIENTES COELLO CRIADO NA CASA POR ISOLINA DE MOSENDE CATRO MAZÁS PARDAS DE TABARDILLA DA MACEIRA DO AVÓ FELICIANO DE MOSENDE DÚAS CUNCAS DE ARROZ. UN POUCO DE […]
CONTOPLANET, premio LAUS de prata

O proxecto ContoPlanet, a aplicación para iPad e iPhone de libros interactivos que Milrayas, Perro Verde Films e Editorial Galaxia levan algo máis dun ano desenvolvendo, primeira presenza do libro infantil interactivo neste tipo de soportes, e que xa foi recoñecido con varios Premios Eganet a finais do pasado ano, e que tamén foi finalista […]
Xavier Queipo presenta ÁRTICO 2.0

Este xoves, e dentro dos actos programados pola Editorial Galaxia na Feira do Libro de Vigo, presentarase unha nova edición dun libro crucial na carreira literaria de Xavier Queipo, neste caso, rebautizado o libro como 'Ártico 2.0'. Participan, canda o autor, Carlos Lema, director de edicións de Galaxia e Gonzalo Navaza, escritor e tradutor. Estamos […]
Don Paco, unha luz inmorredoira

Francisco Fernández del Riego era un home a uns anteollos pegado. Aquelas gafas de pasta negra e xenerosas medidas recoñecían ó home, aínda que a el nos últimos anos xa non lle axudasen a recoñecer. Só no agarimo familiar se desprendía delas, espíase para deixarnos ver nos seus intensos ollos azuis a historia de Galicia […]
O xeito de pór música a Cunqueiro

Téñome achegado a Cunqueiro de mil maneiras, e en todas me deixei aloumiñar pola aura luminosa que a palabra desprende. Viñérame hai tempo a certeza de que As crónicas do sochantre tiñan música de seu desde o ritmo vertixinoso das primeiras páxinas. Tiñan máis música, as palabras mesmas, que o bombardino do sochantre e as […]
O ouro que está triste e azul

Escoitei nun podcast que nas augas españolas hai arredor de tres mil barcos mergullados. Tres mil pecios de distintas épocas dos cales uns seiscentos están localizados e son rescatables. Tamén dicían nese programa que o ouro e a prata que agochan moitos deses navíos daría para sacar ao pais da crise. Eu non sei. Rescate […]