Mamá Cabra triunfa en Vilagarcia

Despois do éxito arrollador do martes en Vigo, no que houbo que poñer o cartel de "Non hai entradas" nos dous concertos que se celebraron na cidade olívica, e tralo éxito de onte tamén en Vilagarcía, hoxe tocarán en Cangas ás 18 horas no Auditorio. O popular grupo musical interpretará os temas do seu novo […]

Feliz 2012

O tópico di que o que cómpre desexarlle a todos os amigos e amigas para o ano que está a piques de entrar é felicidade. Daquela, dende a Editorial Galaxia imos cumprir co tópico: que o ano 2012 veña cheo de felicidade, que vos chegue toda a eito, que non falte nin un miligramo de […]

Teresa Moure gaña o premio Ramón Piñeiro 2011

A escritora Teresa Moure resultou gañadora da undécima edición do Premio Ramón Piñeiro que Editorial Galaxia organiza conxuntamente coa Secretaría xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, coa colaboración de Gas Natural Fenosa e o Centro Ramón Piñeiro. En total presentáronse 12 orixinais a esta undécima edición do galardón dotado con 6.000 euros. O […]

Lembrando a don Paco

Foi agora hai un ano cando nos deixaba Francisco Fernández del Riego. Mais el segue con nós e seguirá, porque o seu traballo, o seu exemplo e, sobre todo, o seu compromiso, segue a inspirarnos todos os días. No noso blog deixamos por unha banda un artigo de Henrique Monteagudo e outro de Malores Villanueva. […]

Vigo acolle a exposición ‘No niño novo do vento’

O pasado venres, o director xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos, Francisco López, o director xeral de Galaxia e comisario da exposición, Víctor F. Freixanes, o vicepresidente da Fundación Penzol, Alfonso Zulueta e o segundo tenente de alcalde de Vigo, Carlos López Font, inauguraron na Casa Galega da Cultura de Vigo a exposición itinerante 'No […]

Presentación do libro BERROGÜETTO. O PULSO DA TERRA

Este mércores celebrarase a presentación na Coruña do libro escrito por Fernando Neira, 'Berrogüetto. O pulso da terra' e que repasa os tres lustros de existencia do grupo folk galego máis internacional. No acto intervirán membros do grupo e o editor e escritor Francisco Castro. No noso blog, e na ligazón á esquerda destas páxinas, […]

Faladoiro "Álvaro Cunqueiro, xornalista" en Vigo

O xoves día 1 de decembro ás 20 horas celebrarase na Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa, 2) en Vigo o undécimo e último dos faladoiros incluídos no programa do Centenario de Álvaro Cunqueiro (1911-1981) organizado polo Consello da Cultura Galega (CCG). O escritor e director da editorial Galaxia, Victor Freixanes, a profesora e […]

Presentación de NÓMADES en Betanzos

Mañá presentaremos en Betanzos a novela gráfica de Xosé Tomás, Nómades. No acto participarán Ramón García Vázquez, alcalde de Betanzos, Xesús Fraga, xornalista, e o autor, para falar deste libro que inaugura a nosa colección de Novela Gráfica e na que Xosé Tomás escribe sobre mulleres que o arriscan todo para cruzar o mar polo […]