Valentín Paz-Andrade en Galaxia

Como todos os anos, Editorial Galaxia vai facer un importante esforzo en publicacións relacionadas co persoeiro homenaxeado no Día das Letras Galegas. Así, a obra e a vida de Valentín Paz-Andrade serán amplamente estudadas e espalladas a partir de tres libros que, aos poucos, van ir saíndo do prelo da nosa editora. Por unha banda, […]

Día Internacional da Lingua Materna

Hoxe é o Día Internacional da Lingua Materna. Todos temos unha lingua de nós. O xénero humano, diverso como todo na natureza, soubo facer agromar das súas necesidades comunicativas un xeito de lle chamar as cousas, de se referir a elas, de cantar a beleza. En Galicia esa lingua é o galego. A nosa lingua […]

Conferencia de Eduardo Santiago, autor de '2044'

"A experiencia de escribir ficción científica" é o título da conferencia de Eduardo Santiago, que será presentado por Luisa Martínez Lorenzo, da Unidade de Cultura Científica (CSIC) de Galicia. Esta conferencia enmárcase dentro dos actos de divulgación do II Concurso de Relatos de Ficción Científica INSPIRACIENCIA no que participa Galaxia e que, grazas a esta […]

Presentación de LAURA NO DESERTO na Pobra do Caramiñal

A Asociación Cultural Barbantia, La Voz de Galicia, o Liceo Pueblense e a Editorial Galaxia únense para convidar a todo o público interesado á saida dun novo número de 'A Voz de Barbantia' e á presentación de LAURA NO DESERTO, de Antón Riveiro Coello. O acto terá lugar mañá venres 24 de febreiro, ás 20:30 […]

Rosalía viva

Hoxe celébrase en todo o país o Día de Rosalía. Unha iniciativa nacida da AELG, e apoiada por moitos colectivos como Gálix e que a nosa Editorial tamén seduce, lévanos hoxe a pedir á cidadanía que merquen un libro e unha flor para agasallar. Mais non un libro calquera. Hoxe hai que mercar un libro […]

Presentación de "Carta urxente para Máximo Toxo"

Mañá martes, e dentro do programa de actos do Salón do Libro de Pontevedra, a compañía Talía Teatro representará a obra, 'Carta urxente para Máximo Toxo' de Diego Rey. Posteriormente terá lugar a presentación do libro do mesmo título. Participarán o autor do texto, Diego Rey, o ilustrador, Rubén Prieto, e o editor, Francisco Castro. […]

Hoxe en Vigo, presentación de NÓMADES

Este mércores, Xosé Tomás presenta a novela gráfica 'Nómades' no Centro de Recursos Feministas de Vigo, no segundo andar da Biblioteca Municipal. Estará acompañado polo editor, Francisco Castro. 'Nómades' é unha novela gráfica artellada sobre breves pero reveladores episodios que teñen como fío condutor a emigración e como protagonistas a mulleres de diferentes idades e […]

Antón Riveiro Coello en Gondomar

Será hoxe xoves, ás 20:00 h, na Aula de Cultura Ponte de Rosas (sede do IEM), na Avda. da Feira, 10 baixo, de Gondomar. Esta presentación da última novela de Antón Riveiro Coello encádrase no ciclo de actividades Mulleres na Historia organizado polo Instituto de Estudos Miñoranos en colaboración coa Asociación de Mulleres do Val […]