Será hoxe xoves, ás 20:00 h, na Aula de Cultura Ponte de Rosas (sede do IEM), na Avda. da Feira, 10 baixo, de Gondomar.
Esta presentación da última novela de Antón Riveiro Coello encádrase no ciclo de actividades Mulleres na Historia organizado polo Instituto de Estudos Miñoranos en colaboración coa Asociación de Mulleres do Val Miñor "Area Loura".
Laura no deserto está a obter un grande éxito tanto por parte do público lector como da crítica. Onte dabamos noticia de que é unha das obras finalistas na categoría de narrativa nos premios que concede a AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega).