Comeza a Semana da Música Infantil na Feira do Libro de Vigo

Hoxe luns dá comezo, a partir das 20 horas, a Semana da Música Infantil na Feira do Libro de Vigo, unha produción da Editorial Galaxia e que implica cinco concertos dos principais músicos e solistas da música infantil galega. Hoxe luns será o primeiro dos concertos en pequeno formato acústico de Mamá Cabra, o popular […]

Novela negra e música infantil protagonizarán o xoves na Feira do Libro de Vigo

O xoves a Editorial Galaxia organiza dous actos na Feira do Libro de Vigo para atender a todos os chanzos de idade e intereses. Por unha banda, e dentro da Semana da Música Infantil, a cantante Uxía convertirase na Bruxa Maruxa, un dos personaxes dunha das cancións do libro-disco-DVD, 'María Fumaça' para interpretar algunhas das […]

Conversas, baile e danzas na Feira do Libro de Vigo

Este venres a Editorial Galaxia ten previsto desenvolver un programa moi ambicioso dentro do marco de actividades da Feira do Libro. Tres accións para atender a todos os chanzos de idade e todos os intereses posibles. Así, ás 20 horas celebrarase o acto titulado ‘A noite no deserto. Un diálogo sobre a novela e a […]

Presentouse Bágoa de Lúa en Vigo

O pasado sábado, e pechando os actos organizados pola Editorial Galaxia na Feira do Libro de Vigo, presentamos o primeiro tomo da triloxía fantástica, obra da escritora Sabela González, AS CRÓNICAS DE LANDEREINA. No acto a autora estivo acompañada pola escritora Ledicia Costas e o editor Francisco Castro. A carpa quedou chea de amigos e […]

Inaguración da exposición UNHA OBRA PARA UN PAÍS FERMÍN PENZOL (1901-1981) / FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO (1913-2010) en Santiago de Compostela

A exposición "Unha obra para un país. Fermín Penzol (1901-1981) / Francisco Fernández del Riego (1913-2010)" pretende conmemorar dúas importantes efemérides que se celebran neste ano 2013: O Cincuentenario do nacemento da Fundación Penzol e mais o Centenario do nacemento de Francisco Fernández del Riego. A Fundación Penzol constitúese en Vigo en abril de 1963 […]

Sete títulos de Galaxia entre os dez máis vendidos na Feira do Libro de Vigo

Xurxo Patiño, coordinador da Feira do Libro de Vigo que onte pechou as súas portas, comenta hoxe nas páxinas de 'La Voz de Galicia' os resultados referidos ás vendas e aos títulos máis solicitados. Entre os máis vendidos destaca, entre os dirixidos ao público adulto, 'Bícame, Frank' de Miguel Anxo Fernández. No chanzo referido aos […]

Xa está activa a web de AS CRÓNICAS DE LANDEREINA

Os seguidores da triloxía fantástica creada por Sabela González, AS CRÓNICAS DE LANDEREINA teñen, dende hoxe martes, dispoñible na rede unha web dedicada aos tres libros. Hai unhas semanas saiu do prelo, e xa está a ser un importante fenómeno de vendas, 'Bágoa de lúa', o primeiro dos tres desta historia protagonizada pola amazona Berenguela. […]