As Maimiñas e ChuchesAmil, nos Venres nas librarías

Categoría: Nova

Esta fin de semana temos novas presentacións no seo do programa Venres nas librarías. O sábado día 10 estaremos ás 12.00 na Libreria Aenea, de Santiago de Compostela, con Unha viaxe polo mundo, de As Maimiñas. E o mesmo día, ás 12.30, o protagonismo será para Un conto ao revés, de ChuchesAmil, na Libraria Suévia da Coruña. A entrada é de balde ata completar aforo.

A Xunta de Galicia, a Asociación Galega Editores e a Federación de Librarías de Galicia argallaron un ano máis os "Venres nas librarías", para a promoción do libro e da lectura nos espazos libreiros. Este ano, a programación ampliarase tamén aos sábados, con actividades dirixidas ao público máis novo. Aí estará a Alegría, de Sérgio Tannus; Unha viaxe polo mundo, de As Maimiñas; ou Un conto do revés, de ChuchesAmil. O programa abrangue as fins de semana de outubro e de novembro e toda a xeografía galega.

Comparte nas túas redes sociais ou por email