Apertura da Exposición sobre o centenario de Xosé María Álvarez Blázquez

Categoría: Nova

Organizada polo Concello de Vigo e a Fundación Penzol, ás 12 da mañá do 17 de abril quedará aberta ao público a exposición titulada 'Centenario de Xosé María Álvarez Blázquez. Construtor dunha cidade de libros (Tui, 1915-Vigo, 1985).
O obxectivo desta mostra e conmemorar o centenario do nacemento deste ilustre galeguista que naceu en Tui (Pontevedra) en 1915, e que faleceu en Vigo en 1985.

Intervirán:

– Alfonso Zulueta de Haz, Presidente da Fundación Penzol e
– Xosé María Álvarez Cáccamo, en representación do comisariado e da familia.

Escritor en lingua galega e castelá, Álvarez Blázquez é fillo de Darío Álvarez Limeses, militou una Federación de Mocedades Galeguistas e no Partido Galerista. Xunto con Luís Viñas Cortegoso fundou a Editorial Monterrey no ano 1950. Xa en 1962 ingresou na Real Academia Galega e dous anos despois, en 1964, fundou unha nova editorial: Edicións Castrelos.
Da súa obra en galego destacan a colección de relatos Os ruíns (1936) e A pega rabilongo e outras historias de tesouros (1971), no xénero da narrativa infantil. Entre a súa obra lírica, o poemario, realizado xunto co seu irmán Emilio, Poemas de ti e de min (1949), Roseira do teu mencer (1950), Cancioneiro de Monfero (1953), unha das obras claves do neotrobadorismo, Romance do pescador peleriño (1954), ademais de Canle segredo, escrito no 54 e publicado no 76.
Como ensaísta, publicou Escolma de poesía galega II: A poesía dos séculos XIV a XIX (en 1959), Escolma de epigramas (1968), e Escolma de poesía medieval (1975).
En castelán Álvarez Blázquez publicou a novela En el pueblo hay caras nuevas (1945).
A RAG, baseou hai uns anos a súa decisión de homenaxear coas Letras Galegas 2008 a Álvarez Blázquez por ser "o exemplo perfecto dun home polígrafo, erudito e interesado pola historia, a arqueoloxía ou a literatura", e destacou tamén o seu "importante labor" como poeta e editor.

Comparte nas túas redes sociais ou por email