Actos arredor de García Barros

Categoría: Nova

Este sábado desenvolveranse na Estrada, vila de Ken Keirades, ou sexa, de Manuel García Barros, unha serie de actos na súa lembranza agora que se cumpren catro décadas do seu pasamento.
Os actos darán comezo ás 12:00 h, na casa natal de Berres, seguirán ás 13:00 h, no cemiterio de Callobre, para rematar ás 20:00 h, no Teatro Principal da Estrada.
A Asociación Cultural "Vagalumes" é a encargada de organizar e coordinar todas estas accións de lembranza do insigne escritor, un dos nosos máis sobranceiros escritores e, sobre todo, unha persoa de integridade e lealdade á lingua e cultura galega.
A nosa editorial está fondamente implicada coa súa figura colaborando, dende hai moitos anos, co concello da Estrada na organización do premio que leva o seu nome e na publicación das obras gañadoras na nosa colección Literaria.

Comparte nas túas redes sociais ou por email