Cristina Pusone Kruckenberg vai facer doazón á Fundación Penzol de 30 carpetas con manuscritos, mecanoscritos e debuxos de súa nai, a destacada escritora e poeta galega, MARÍA DO CARME KRUCKENBERG SANJURJO.
O próximo xoves, 19 deste mes de novembro, ás 12:00 horas, celebraremos no salón de actos da Casa Galega da Cultura, sede da Fundación, o acto de sinatura e presentación pública da doazón.
Intervirán:
Mercedes Queixas Zas, biógrafa da escritora, e Cristina Pusone Kruckenberg, filla da escritora.
A Fundación Penzol estará representada polo seu Vicepresidente primeiro, Antón Vidal Andión, e polo Director, Francisco Domínguez Martínez.