Acto de investimento de Erin Moure como Doutora Honoris Causa da Universidade de Vigo

Categoría: Nova

A poeta e tradutora canadense de ascendencia galega Erin Moure será investida doutora honoris causa pola Universidade de Vigo este mércores ás 12 horas.
O consello de goberno aceptou ha meses o nomeamento a proposta dos departamentos de filoloxía Inglesa, Francesa e Alemá. A petición foi argumentada por «a súa innovadora e premiada produción poética, multilingüe e comprometida; polo seu labor como mediadora incansable entre culturas mediante reescritura e tradución; polo seu activismo en favor das minorías lingüísticas, étnicas, sexuais e moi especialmente pola súa contribución á internacionalización da cultura galega e a preservación do seu patrimonio».
A poeta publicou en Galaxia o libro 'Teatriños ou aturuxos calados'.

Comparte nas túas redes sociais ou por email