Abre a exposición didáctica "O Parlamento de Galicia, 27 anos de diálogo"

Categoría: Nova

Esta exposición didáctica pretende achegar a todo o público interesado, pero sobre todo aos escolares de Galicia, a realidade do Parlamento como unha fábrica de valores democráticos e de convivencia. Na visita, os asistentes coñecerán o funcionamento da Cámara parlamentaria, dando así un paso fundamental para achegarse á cidadanía.

Preténdese que os asistentes entendan o Parlamento como un lugar de diálogo e de fomento da igualdade entre as persoas, na medida en que é a casa común onde, a través dos lexítimos representantes escollidos nas urnas, os cidadáns gobernan.

En definitiva, unha exposición que procura a reflexión sobre as orixes dos parlamentos modernos e das Cortes españolas, o proceso de constitución da Autonomía e do Parlamento de Galicia, explicar quen son os deputados e deputadas do Parlamento galego e como realizan o seu traballo e, en definitiva, entendermos o noso Parlamento como promotor de cultura e escola de cidadanía.

Comparte nas túas redes sociais ou por email