A novela da Santa Compaña

Categoría: Nova

Dous vellos coñecidos dos lectores e lectoras galegos, o detective Nivardo Castro e o xornalista Carlos Conde son testemuñas abraiadas dunha pescuda apaixonante e misteriosa.

Estamos diante dun caso de características especiais: uns crimes que mobilizan simultaneamente a forza pública e as ánimas da Santa Compaña nunha atmosfera de superstición que enche de verosimilitude toda a trama.

En 'A lei das ánimas', Carlos G. Reigosa desenvolve unha intriga singular que incorpora a tradición popular á novela, na liña de Torrente Ballester e Cunqueiro.

Comparte nas túas redes sociais ou por email