A nova novela de Charo Pita

Categoría: Nova

Charo Pita é unha das narradoras fundamentais da nosa LIX. Con Xoán Curiel publicou en Galaxia o libro-disco 'Estamos no verán' e agora volve á actualidade literaria cunha novela que publicamos na nosa colección Árbore 10 anos.
Nesta nova obra, Charo Pita Pita volve ofrecernos unha historia chea de aventuras e aprendizaxe, onde os animais protagonistas medran a medida que van pasando unhas probas que, dalgunha maneira, explican o dura… e o marabillosa que pode ser a vida.
Sobre si mesma di que naceu á idade de seis anos cando rematou de ler o seu primeiro libro. Recoñece estar sempre a medio camiño: nin pícara nin adulta, nin gorda nin fraca, nin loura nin morena, nin india nin vaqueira, nin de aquí nin de alí, unha salvaxe apracible, entre o po da viaxe e a modorra dunha butaca vella, unhas veces coa palabra na boca, outra coa música… O seu traballo como narradora abrangue diversas áreas, desde o conto infantil ata o relato erótico ou de terror e as montaxes musicais. Tamén imparte talleres de narración oral, desde o ano 1994, por todo o ámbito da xeografía española. Estudou Canto, Interpretación e é licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Salamanca. Como escritora recibíu algúns premios literarios.

Comparte nas túas redes sociais ou por email