Este sábado e domingo volve a ser unha fin de semana chea de concertos dos nosos grupos da colección Sonárbore.
Dentro do programa "Venres nas Librerías", o grupo Chuches Amil actuará na librería na librería Káthedra de Ourense o próximo sábado ás 12.30 horas da mañá. Os cativos poderán gozar das cancións do seu libro-disco "Un conto ao revés".
Äs 12, as mosenses As Maimiñas convidan a 'Unha viaxe polo mundo' na librería Andel de Vigo.
Ao día seguinte, a música infantil desprázase á Coruña co programa "Domingos musicais na Fundación Luis Seoane". Alí, Mamá Cabra ofrecerá un concerto de balde para o que xa están esgotadas todas as entradas arredor do seu novo traballo, asinado con Carmen Gil, 'A Bruxa Discordia. Cancións para a Paz'.