Escoller onde buscar

A literatura galega en Fráncfort

Categoría: Nova

Onte inaugurouse a Feira de Fráncfort, a mostra do libro máis grande do mundo. A mostra alemana é a gran cita anual relacionada cos libros e toda unha referencia no sector. O país convidado nesta ocasión é China e un dos temas estrelas da mesma, sen dúbida, será todo o relacionado co libro electrónico.

A literatura galega, pola súa banda, terá representación nas figuras de Alfredo Conde, Marina Mayoral e Vicente Araugas, os cales participarán nunha mesa redonda sobre a proxección da nosa literatura alén das nosas fronteiras. O acto celebrararse o vindeiro venres.

A presenza das nosas letras verase reforzada cun stand da Consellería de Cultura e a Asociación Galega de Editores.

Comparte nas túas redes sociais ou por email