MARÍA FUMAÇA entra na selección 'The World Through Picture Books' de IBBY

Categoría: Nova

O IBBY, a institución máis importante a nivela internacional no que se refire á Literatura Infantil e Xuvenil, e que elabora ao longo do ano unha serie de catálogos que recoñecen a excelencia dos distintos traballos publicados no mundo, vén de facer público o seu catálogo 'The World Through Picture Books'. Do Estado Español recoñece dez títulos, dos que dous son en galego. Por unha banda, o noso María Fumça e, por outro, o libro de Paula Carballeira editado por Kalandraka, 'O principio'.
MARÍA FUMAÇA formará parte desta selección que agora se convirte nunha exposición itinerante por todo o mundo e que fará parada, en breve, en Francia e Xapón para, logo, itinerar polos países escandinavos.
Un gran recoñecemento para o noso tren da alegría.
(Na ligazón á dereita destas liñas podedes descargar o catálogo completo)

Comparte nas túas redes sociais ou por email