Estás aquí:

Código: 19441

ARXENTINA INMENSA

31,00 € IVE INCLUIDO

A Arxentina marca innumerables historias persoais e familiares en Galicia. A Xavier Alcalá xa lle produciran grande curiosidade desde cativo as escoitadas entre a Ferrolterra e o Eume. Hai agora cincuenta anos que tomou contacto directo coa Arxentina entrando por Buenos Aires. Desde 1976 ata hoxe, por razóns de traballo e familia percorreu o país de norte a sur, desde La Quiaca a Ushuaia. Froito diso é Arxentina inmensa, versión para galegos —de alá e de aquí— do descuberto polo autor ata nos recantos máis afastados da República Austral.

 

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 252
Deseño: Rústica
Data Publicación: 04/09/2026
Dimensións 240 x 210 mm.
Colección: Reportaxe
Nº na colección: 4
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-1176-626-5
Observacións:

AUTORES/AS

Alcalá, Xavier
Xavier Alcalá

(Miguelturra, Cidade Real, 1947) é enxeñeiro de Telecomunicación e doutor en Informática. Criado e formado en Ferrol, amosou cedo a súa vocación literaria en letras de cancións, artigos de xornal e relatos breves. Nos textos longos iniciouse con Voltar, seis personaxes e un fado (1972), ao que seguirían títulos como A nosa cinza (1980), Fábula (1980), Premio Cidade da Coruña e da Crítica Española, Nos pagos de Huinca Loo (1982), Cárcere verde (1990), Latitude austral (1991), Código morse (1996) e Alén da desventura (Premio Blanco Amor, 1998) Tamén é autor da triloxía Evanxélica memoria sobre os avatares das comunidades evanxélicas en Galicia, constituída polas novelas Entre fronteiras (2004), Nas catacumbas (2005) e Unha falsa luz (2007). En 2012 publicou Verde oliva, novela sobre a revolución cubana contra Batista, e en 2018 The Making of, onde descobre aventuras perigosas e silenciadas da emigración galega na Arxentina. En 2024 volveu a Cuba con A capital do mundo, primeira entrega da Triloxía dos Mayimbes.

As súas obras

Oferta Arxentina
pack arxentina
15.90€ CON IVE

COLECCIÓN

Reportaxe

50 aniversario Fuxan os Ventos. Quixo o paxaro pousar na póla o seu chío
9788491519751
29.80€ CON IVE
Á beira de Beiras. Ensaios e apuntamentos
beira
25.10€ CON IVE
Alfonso Zulueta. Unha humanidade vivida
9788411763578
22.60€ CON IVE
ANDRÉS DO BARRO. A XÉNESE DO POP EN GALEGO
Andres do Barro A xenese do pop
31.00€ CON IVE
Ángel Llanos, fotógrafo
llanos
31.35€ CON IVE
Anos 80. Movida, Atlantismo, Vangardismo, Underground
9788411763325
32.85€ CON IVE
ARXENTINA INMENSA
Arxentina inmensa
31.00€ CON IVE
Berrogüetto. O pulso da terra
berro
18.90€ CON IVE