Estás aquí:

Código: 19415

A LINGUA ESTRANXEIRA

22,50  IVE INCLUIDO

Dous mozos pérdense por unha terra allea na procura dun antigo asentamento colonial. Mentres foxen dos incendios e buscan acubillo en hoteis perdidos na selva, unha fráxil intimidade xorde entre eles, sempre ameazada pola posibilidade de que cada palabra signifique o contrario do que parece. Esta viaxe é a porta de entrada a un mundo narrativo expansivo e único: un viaxeiro decimonónico que rexistra os albores dunha sociedade en cartas alén mar, unha parella que se le libros en alto para non mirar o que se aproxima e, como un coro subterráneo, un grupo de figuras espoliadas que esixen retornar. A medio camiño entre a crónica íntima e a novela histórica, pero sempre ancorada no noso precario presente político, A lingua estranxeira é unha novela sobre a arte e a restitución, sobre a sombra alongada da violencia colonial, sobre a linguaxe como forma de arruinar e recompoñer mundos. Unha obra polifónica e valente, sostida mediante a alternancia de catro liñas narrativas, que mestura tradicións para erixir, nas fronteiras da literatura, o país impuro dos sen-nome

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 300
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 22/06/2026
Dimensións 150 X 230 mm.
Colección: Literaria
Nº na colección: 537
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 9788411766074
Observacións:

AUTORES/AS

Lamela, Brais
brais lamela

(Vilalba, 1994) estudou Literatura Comparada na Universidade de Brown (Rhode Island, EUA), grazas a unha bolsa de estudos. A súa primeira novela, Ninguén queda (2022), acadou o Premio da Crítica en Lingua Galega e o Premio El Ojo Crítico de RNE á mellor obra de narrativa escrita por un autor español menor de corenta anos. A lingua estranxeira é a súa segunda novela.

 

As súas obras

A LINGUA ESTRANXEIRA
A lingua estranxeira
22.50€ CON IVE

COLECCIÓN

Literaria

1Q84. Libro 3
libro3
24.75€ CON IVE
1Q84. Libros 1 e 2
1q
28.15€ CON IVE
O sono das sereas (XI Premio Repsol 2017)
o-sono-das-sereas
17.60€ CON IVE
70º norte
9788411761420
22.55€ CON IVE
900
900
22.60€ CON IVE
A agonía das folerpas
9788491519201
26.10€ CON IVE
A beleza debe morrer
9788411760188
21.40€ CON IVE
A bisneta lercha
a bisneta lercha
15.90€ CON IVE