A historia de Tui enxérgase no tránsito que desde os inicios do século XX se produciu entre as rúas da pétrea cidade, e que sempre estivo protagonizado polos que tiñan, mais poucas veces ese paseo foi visitado por obreiros luxados de serraduras, labregos agraristas con estandartes dourados e mulleres de mandil ou “peineta” que berraban consignas liberadoras, aínda que formaron parte do mesmo tecido social, económico e político en que se enxertou a vida desta cidade miñota. Unha das pretensións explícitas de Tui, 1900-1936, da man de Carlos Méixome, Bieito Alonso e Xosé Ramón Paz, é recuperar a historia de moitos deses seres de abaixo, que apenas circulan polos vieiros do relato máis común.
(O Carrio, Val, Lalín, 1954) é historiador. Fundador do Instituto de Estudos Miñoráns (IEM), que dirixiu entre 1999 e 2015, publicou sobre asuntos internacionais, cuestións de historia contemporánea e do nacionalismo e, nos últimos anos, acerca das persecucións franquistas no sur da provincia de Pontevedra. En 2026 deu ao prelo Polo Avieiro de dona Emilia (Galaxia).
(Ourense, 1958) é historiado e autor dun amplo número de obras, entre as que destacan Anarquistas galegos en América (Galaxia, 2019), Estendendo a rebelión. sindicalistas marítimos galegos na América atlántica 1875-1930 (Galaxia, 2021) e Inimigos ás portas. Frank López e o anarquismo global (Galaxia, 2019).
(O Porriño, 1957) é músico, pintor e escritor. Membro fundador do grupo musical Na Lúa, publicou traballos sobre historia contemporánea e musicoloxía, como O Porriño 1936 (2007), Antonio Palacios, unha viaxe por Galicia (2017) e Sobredo 1922 (2022).