Presentación de “Catro viaxes de Elena Fahlbusch”, en Vigo

Categoría: Nova

A libraría Librouro acolle hoxe, xoves 28 de maio, ás 19:30 h, a presentación de Catro viaxes de Elena Fahlbusch, de Damián Guede.

Acompañando o autor, estará Marcos Calveiro, director de Edicións de Editorial Galaxia.

Catro viaxes de Elena Fahlbusch mergúllanos nunha rodaxe cinematográfica a través da mirada de Ana, axudante de dirección, que nos achega ao universo da película que dá título á novela. Entre intérpretes singulares, circunstancias desagradables e a memoria doutra filmación acontecida vinte anos atrás, a obra propón unha reflexión sobre o uso da tecnoloxía na sociedade contemporánea, así como sobre a paternidade e a visión do mundo desde a madureza.

Damián Guede (Ourense, 1979). Profesor de ensino secundario, é licenciado en Filoloxía Inglesa e Hispánica pola Universidade de Vigo e cursou o terceiro ciclo na Universidade de Málaga, onde acadou o Diploma de Estudos Avanzados na especialidade de Literaturas Hispánicas.  Publicou unha análise de dúas obras do escritor chileno Roberto Bolaño (La poesía de Roberto Bolaño. Tres y Los perros románticos, 2012) e, a finais de 2024, De peces eléctricos, o seu primeiro poemario.

Comparte nas túas redes sociais ou por email