O proceso creativo de Anxos Sumai en Compostela

O público encheu a libraría Lila de Lilth o pasado venres para acoller un encontro aberto con Anxos Sumai no que a autora de Catoira debullou os pormenores do proceso narrativo que seguiu na escrita de dúas das súas obras: Así nacen as baleas e A lúa da colleita. Organizou o encontro O GALO Asociación […]
Franco Grande presentou o seu poemario en Vigo

O presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero e o director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes, foron os encargados de acompañar onte, na Casa do Libro de Vigo, ao escritor Xosé Luís Franco Grande na presentación do seu poemario XOGUETES DO TEMPO. No noso blogue deixamos unha galería fotográfica do acto.
Defensa de tese de doutoramento na USC sobre Editorial Galaxia

Un proxecto estratéxico perfectamente deseñado pola resistencia galeguista a prol da defensa e recuperación da cultura galega despois da guerra civil. Proxecto cultural e en gran medida político, que se foi materializado nunha amplia rede de relacións, dentro e fóra de Galicia, e ao cal debemos gran parte do discurso da nosa identidade cultural contemporámea. […]
Presentación do novo libro de Xosé Luís Franco Grande en Vigo

O escritor Xosé Luís Franco Grande presenta este xoves ás 20 h. na Casa do Libro de Vigo o seu novo poemario XOGUETES DO TEMPO. Estará acompañado por Xesús Alonso Montero, presidente da RAG e o director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes. Sobre este libro, o crítico X. Ricardo Losada dicía hai uns días […]
Segunda edición para O MEU PESADELO FAVORITO

O venres recibiamos a boa nova de que o libro de María Solar, O MEU PESADELO FAVORITO viña de ser recoñecido polas lectoras e lectores da web Fervenzas Literarias como o Mellor Libro Infantil do ano pasado. A noticia non nos colleu de sopresa pois sabemos da calidade desta historia que publicamos na nosa colección […]
MARÍA FUMAÇA entra na selección 'The World Through Picture Books' de IBBY

O IBBY, a institución máis importante a nivela internacional no que se refire á Literatura Infantil e Xuvenil, e que elabora ao longo do ano unha serie de catálogos que recoñecen a excelencia dos distintos traballos publicados no mundo, vén de facer público o seu catálogo 'The World Through Picture Books'. Do Estado Español recoñece […]
OS ELEFANTES DE SOKÚROV, Mellor Libro de Narrativa 2015

Hoxe, a novela de Antón Riveiro Coello, OS ELEFANTES DE SOKÚROV resultou gañadora do primeiro premio na categoría de MELLOR OBRA DE NARRATIVA. Este é un premio importante na medida en que os que o conceden son as e os internautas a través dos seus votos directamente na web. Felices na Editorial Galaxia por este […]
A recuperación do texto auténtico de LA PARRANDA

Xosé Manuel Dasilva leva anos investigando arredor da novela de Eduardo Blanco Amor, A ESMORGA, recuperando textos censurados no seu día e preparando a edición definitiva que publicamos hai uns anos. Agora, no GRIAL 208 que vén de saír do prelo hai uns días, achégase á recuperación do texto auténtico de LA PARRANDA que é […]