María do Carmo Kruckenberg finou este sábado en Vigo

O pasado sábado á mañá coñeciamos a triste nova do pasamento da poeta galega María do Carmo Kruckenberg, unha das voces máis libres e potentes da poesía galega de todos os tempos. Onte domingo, logo dunha breve cerimonia relixiosa, no tanatorio de Pereiró celebrarouse unha homenaxe cívico-poética na que se escoitou, máis unha vez, a […]
Fin de semana das Letras… e da música en galego

Esta fin de semana das Letras Galegas van gravitar, como é lóxico, arredor de Xosé Filgueira Valverde, escritor homenaxeado e de quen a nosa editorial publicou varios libros na colección que leva o seu nome. Sen embargo, ademais dos actos que se celebren na súa honra, a fin de semana vai estar chea de actividades […]
Unha mosca que non deixa de voar

As librerías de todo o país reciben estes días a terceira edición do libro de María Solar, 'A verdadeira historia da mosca da tele'. A escritora e xornalista vén de gañar recentemente o Premio Lazarillo coa súa novela, tamén publicada en Galaxia, 'O meu pesadelo favorito'. Ambas as obras están a coñecer edicións noutras linguas, […]
Concerto de Najla Shami e As Maimiñas en Xunqueira de Ambía

Baixo do título "FALANDO DE SOLIDARIEDADE" Najla Shami e As Maimiñas ofrecerán un concerto en Xunqueira de Ambía, na Colexiata. Esta actividade enmárcase pois dentro dun acto que quere promover a solidariedade mais tamén pode ser un pórtico perfecto para comezar a Fin de Semana das Letras con boa música, para a cativada coas Maimiñas […]
Presentación da fotobiografía de Ramón Otero Pedrayo en Lugo

Hoxe mércores, día 13, a Feira do Libro de Lugo acollerá a presentación do libro "Ramón Otero Pedrayo. Unha fotobiografía (1888-1976)", editado pola Fundación Ramón Otero Pedrayo. Participarán no acto os autores Patricia Chachero e Afonso Monxardín e Víctor F. Freixanes (presidente da Fundación Otero Pedrayo). Ao longo das páxinas desta publicación, os lectores e […]
Margartia Ledo Andión, Premio OS BOS E XENEROSOS da AELG

O pasado sábado, no Círculo das Artes de Lugo, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega celebraban a súa anual Gala das Letras nas que, ademais de recoñecer os mellores libros do ano pasado a xuízo dos socios e socias da AELG, se entrega o premio OS BOS E XENEROSOS ás persoas ou […]
Santiago de Compostela: cidade convidada á Feira Internacional do Libro de Buenos Aires en 2016

Onte, día 7 de maio, foi anunciado publicamente que Santiago de Compostela será a cidade convidada á Feira Internacional do Libro de Buenos Aires de 2016. O anuncio foi feito polo secretario da Fundación del Libro, Alejandro Vaccaro, en presenza do Secretario Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo. Acompañábaos o Presidente da […]
A ESMORGA estréase hoxe en España

Alén dos fitos acadados logo da estrea en Galicia (60.000 espectadores, 15 semanas na carteleira, 1 nominación a un Premio Goya, 6 Premios Mestre Mateo) a estrea a nivel estatal vén precedida por unha ambiciosa campaña de promoción por parte do director, Ignacio Vilar, e dos tres actores protagonistas, Karra Elejalde, Miguel de Lira e […]