¿Queres gañar un exemplar de 2044 de Eduardo Santiago?

Editorial Galaxia leva tempo colaborando co portal Culturagalega.org de cara a promover a lectura na nosa lingua. Dende o portal web ofécesenos a posibilidade de gañar varios exemplares da colección Costa Oeste da nosa editorial, contestando correctamente a unha sinxela pregunta: A que xénero narrativo ou temática corresponde a novela 2044 de Eduardo Santiago? As […]

Faleceu repentinamente Germán Sánchez Ruiperez

Germán Sánchez Ruipérez (Peñaranda de Bracamonte, 1926-Santo Domingo, 2012) faleceu repentinamente na República Dominicana, onde se atopaba en viaxe profesional. Un pequeno accidente doméstico, aparentemente sen trascendencia, obrigouno a internarse nun hospital da capital dominicana onde empeorou repentinamente o seu estado de saúde ata producirse o óbito na madrugada do domingo. Sánchez Ruipérez foi unha […]

Presentamos NÓMADES en Vigo

Onte, no Centro de Recursos Feministas de Vigo presentouse 'Nomades', a novela gráfica de Xosé Tomás. No acto o autor estivo acompañado polo editor Francisco Castro. A historia, que inaugura a colección de Novela Gráfica da nosa editorial, foi debullada polo seu autor durante o animado coloquio posterior co público asistente. Xosé Tomás explicou, entre […]

Antón Riveiro Coello en Gondomar

Será hoxe xoves, ás 20:00 h, na Aula de Cultura Ponte de Rosas (sede do IEM), na Avda. da Feira, 10 baixo, de Gondomar. Esta presentación da última novela de Antón Riveiro Coello encádrase no ciclo de actividades Mulleres na Historia organizado polo Instituto de Estudos Miñoranos en colaboración coa Asociación de Mulleres do Val […]

Hoxe en Vigo, presentación de NÓMADES

Este mércores, Xosé Tomás presenta a novela gráfica 'Nómades' no Centro de Recursos Feministas de Vigo, no segundo andar da Biblioteca Municipal. Estará acompañado polo editor, Francisco Castro. 'Nómades' é unha novela gráfica artellada sobre breves pero reveladores episodios que teñen como fío condutor a emigración e como protagonistas a mulleres de diferentes idades e […]

Presentación de "Carta urxente para Máximo Toxo"

Mañá martes, e dentro do programa de actos do Salón do Libro de Pontevedra, a compañía Talía Teatro representará a obra, 'Carta urxente para Máximo Toxo' de Diego Rey. Posteriormente terá lugar a presentación do libro do mesmo título. Participarán o autor do texto, Diego Rey, o ilustrador, Rubén Prieto, e o editor, Francisco Castro. […]

LUME DE COBIZA en Ribadavia

Domingo pola mañá pode ser unha máis que boa hora para escoitar falar de libros, de detectives, e dunha das novelas de máis éxito dos últimos anos no noso sistema literario e da que vimos de tirar a segunda edición. Así, o escritor Miguel Anxo Fernández dará unha charla sobre o seu último libro, 'Lume […]