Domingo pola mañá pode ser unha máis que boa hora para escoitar falar de libros, de detectives, e dunha das novelas de máis éxito dos últimos anos no noso sistema literario e da que vimos de tirar a segunda edición.
Así, o escritor Miguel Anxo Fernández dará unha charla sobre o seu último libro, 'Lume de cobiza', unha historia máis de Frank Soutelo, detective máis que coñecido por xa ter protagonizado outras das novelas do seu autor e que, por vez primeira, se achega a Galicia para resolver un caso.
Esta actividade enmárcase na xornada da Asamblea Anual da Asociación Ecolóxica Ridimoas.