Volve Ramón Lamote

Un acontecemento. Non podemos cualificalo doutro xeito. Había tempo que agardabamos de Paco Martín este novo encontro cun dos personaxes literarios máis populares das nosas letras: Ramón Lamote. Das novas cousas de Ramón Lamote xa anda nas librerías e, en entrando este mes de febreiro, co primeiro canto dos paxaros e segundo se achega a […]
A Fundación Penzol renova e amplía o seu padroado

O fondo documental máis importante da cultura galega e do galeguismo inicia unha nova etapa con proxectos dinamizadores nestes campos. Mantendo sempre a vontade e a idea inicial do fundador de poñer o seu patrimonio ao servicio de estudosos e investigadores, preténdese unha ampliación dos seus obxectivos e dotar a institución de novos recursos (técnicos […]
Presentación de GRIAL en Madrid

O director da Casa de Galicia, o xornalista Alfonso Palomares, e o escritor Carlos Reigosa, colaborador de GRIAL e autor de Galaxia, foron os anfitrións. Henrique Monteagudo fixo unha exposición da historia da revista ao longo destas case que cinco décadas, cunha referencia especial aos primeiros Cadernos que se publicaron no ano 1951 e cuxa […]
O libro de mañá. Novas tecnoloxías e novas linguaxes

Desta vez foi Manolo Gago, director de culturagalega.org, quen moderou a marcha da mesa. Despois de apuntar algúns dos desafíos abertos polo tema, entre os que non son pequenos o cambio de lugar de lectura da páxina encadernada á superficie da pantalla, ou a absoluta preponderancia do software sobre un hardware en retirada, foi presentando […]
Distribuidores e libreiros

Luz Picos, secretaria técnica da AGE, Asociación Galega de Editores, presentou aos invitados: Xesús Couceiro (Librería Couceiro), Tucho Calvo (Biblos. Clube de lectoros) e Cecilia Monllor (Librería Nós), e marcou o punto de inicio da mesa: vender libros hoxe, en Galicia. Para Xesús Couceiro, que abriu o turno de opinións, o mercado do libro en […]
"As mulleres están en terra de ninguén"

"Eu vexo o feminismo como unha teoría crítica", explica Celia Amorós, "no sentido do sistema xénero-sexo, que eu prefiro chamar patriarcado, termo que aínda que agora está moi desacreditado, creo que nunca foi tan pertinente". María Xosé Agra e Dolores Vilavedra coordinan un número de GRIAL dende unha ollada decididamente feminista. Canda elas, participan como […]
Fernández del Riego e Isaac Díaz Pardo, homenaxeados polo Pen Clube de Galicia

Arredor de duascentas persoas participaron na homenaxe. Logo da intervención de Luis González Tosar, presidente do Pen Clube, que glosou a significación e a historia desta institución, cunha lembranza especial aos seus primeiros presidentes: Alfredo Conde, Carlos Casares e Úrsula Heinze, tomaron a palabra a escritora Marilar Aleixandre, que glosou a figura de Isaac Díaz […]
O escritor Francisco Castro incorpórase ao equipo de Editorial Galaxia

O autor vigués leva moitos anos traballando no eido da comunicación e a xestión cultural. É asiduo colaborador de diversos medios de comunicación galegos como cronista cultural. Foi un dos primeiros autores en promover o uso da Internet como motor para animación á lectura e o debate cultural, nomeadamente desde a súa concurrida bitácora "A […]