Álvaro Cunqueiro en Damasco

Coa presencia dalgunhas primeiras autoridades da República Árabe de Siria e unha importante representación das embaixadas de Cuba, Arxentina, Venezuela, Brasil e España, inaugurouse en Damasco a biblioteca "Alvaro Cunqueiro", nas novas instalacións que o Instituto Cervantes dispón na capital siria. En palabras do director do Instituto, o xornalista e poeta César Antonio Molina, que […]
Entrega do I Premio de Narrativa Breve Repsol YPF
O acto estivo presidido pola Secretaria Xeral de Política Lingüística Dna. María Sol López Martínez, o Director Delegado do Complexo Industrial de Repsol YPF A Coruña, D. Rafael Rubio Fernández e o Tenente de alcalde do Excmo. Concello de A Coruña, D. Carlos González Garcés. Esta primeira edición do Premio Narrativa Breve Repsol YPF, fallado […]
Ramón Villares ingresa na RAG
Nun acto solemne celebrado no paraninfo da Universidade de Santiago tivo lugar a lectura do discurso de ingreso de Ramón Villares, co título de "Fuga e retorno de Adrián Solovio. Sobre a educación sentimental dun intelectual galeguista", no que desde o punto de vista do historiador, se analiza a figura de Otero Pedrayo a partires […]
Chega a época dos cogomelos
Co outono chega o momento de disfrutar dos cogomelos, un dos praceres da boa mesa. Seducen tanto polas súas formas suxerentes como polo seu excelente sabor.
Editorial Galaxia presenta "O goberno do mundo"

Editorial Galaxia e a Fundación Carlos Casares queren poñer a disposición dos lectores as palabras pronunciadas nos II Encontros de Mondariz-Balneario, que tiveron lugar en setembro do ano 2004. A finalidade destes encontros é a de reunir xentes de distintas procedencias ideolóxicas e profesionais para discutir temas políticos e culturais de transcendencia internacional, nun ambiente […]
Editorial Galaxia presentou o número 170 da revista Grial, "Memoria do 36"

Grial. Memoria do 36 propón unha reflexión sobre a memoria e a relación que a sociedade mantén co seu pasado. Falar da memoria é falar dun territorio común que se constrúe no tempo, do diálogo que a sociedade mantén co seu pasado e que formula non dun xeito inocou, tampouco inocente, senón con intención e […]
Amigos, familiares e lectores acompañan a Xosé María Álvarez Cáccamo na presentación que Galaxia organizou das súas memorias.

"Nada volverá ser igual para min", asegura o escritor Xosé María Álvarez Cáccamo tras publicar Memoria de poeta, un percorrido polo seu propio pasado desde a perspectiva de alguén que se converteu nun dos nomes clave da poesía galega contemporánea. O libro, presentado en Vigo o 25 de maio de 2006 por Xavier Rodríguez Baixeras […]
Nunha calorosa e entusiasta presentación o profesor Díaz-Fierros e Editorial Galaxia celebran a publicación de "A cuestión ambiental en Galicia"

O 11 de maio no Consello da Cultura Galega Francisco Díaz Fierros Viqueira acompañado do seu editor Víctor F. Freixanes, do biólogo Uxío Labarta e de Ramón Villares Paz, presidente do Consello da Cultura Galega, presenta A cuestión ambiental en Galicia. Raíces dunha nova cultura (1750-1972), o ensaio que acaba de sair do prelo hai […]