Nun acto solemne celebrado no paraninfo da Universidade de Santiago tivo lugar a lectura do discurso de ingreso de Ramón Villares, co título de "Fuga e retorno de Adrián Solovio. Sobre a educación sentimental dun intelectual galeguista", no que desde o punto de vista do historiador, se analiza a figura de Otero Pedrayo a partires do protagonista de Arredor de sí, novela imprescindible para coñecer aos homes da Xeración Nós.

A resposta a este discurso do novo académico numerario estivo a cargo de Víctor F. Freixanes, tamén académico e director xeral de Editorial Galaxia.

Ramón Villares ten unha especial relación coa Editorial Galaxia, xa que non só publicou nesta casa a fundamental Historia de Galicia, senón que é un dos seus actuais conselleiros e membro do Consello de Redacción da revista Grial.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR