'Nimbos de luz' chega a Vigo

Categoría: Nova

A exposición Xosé María Díaz Castro. Nimbos de luz, promovida pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e producida por Editorial Galaxia/Merlín Comunicación, chega a Vigo, despois da súa inauguración en Guitiriz, vila natal do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2014.
Comisariada por Alfonso Blanco Torrado, Luís González Tosar e Armando Requeixo, estudosos da obra do poeta, a mostra percorre a vida e a obra de Díaz Castro a través de 14 paneis temáticos e do documental O instante eterno.
Estará instalada na Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Vigo (rúa Concepción Arenal, 8).

Horas de visita:
Luns a venres, de 9:00 a 19:00 horas.
Sábados, de 9:00 a 14:00 horas
Domingos pechado

Comparte nas túas redes sociais ou por email