'Morgana en Esmelle' e 'Rapoemas' na Feira do libro de Vigo

Categoría: Nova

Este martes vai vir cheo de música e literatura na Feira do Libro de Vigo.
Por unha banda, ás 20 horas, a escritora Begoña Caamaño presentará o seu 'Morgana en Esmelle' acompañda do escritor Manuel Forcadela e o director literario de Galaxia, Carlos Lema.
E haberá música, a cargo de Uxía Senlle e Sergio Tannus.
Acto seguido, pero ás 21, a rapeira Aid presentará, acompañada do editor e escritor Francisco Castro, o seu 'Rapoemas', libro-disco no que a viguesa interpreta aos clásicos galegos como Rosalía de Castro, Curros, Manuel Antonio ou Cunqueiro a ritmos de hiphop. O libro-disco, fermosamente ilustrado coas fotografías de Cristina Brea, será presentado cun concerto da súa autora, Aid.
Serán de literatura e música para unha festa das letras na Alameda viguesa.

Comparte nas túas redes sociais ou por email