Escoller onde buscar

'Futuro imperfecto' de Xulia Alonso, premio Frei Martín Sarmiento

Categoría: Nova

Onte fallouse, na súa categoría máis alta, o Premio Frei Martín Sarmiento, un galardón que recoñece as mellores obras publicadas durante os dous anos anteriores a xuízo dos escolares galegos. Xa que logo, un galardón de gran altura porque significa o refrendo da calidade por parte de lectores e lectoras que teñen a oportunidade, por miles, de ler a meirande parte das obras editadas e así emitir o seu veredicto.
A obra de Xulia Alonso, 'Futuro imperfecto' foi elixida gañadora deste prestixioso premio. No acto de entrega onte no Colexio Miraflores de Ourense a escritora amosábase emocioanda e entusiasmada con este recoñecemento máis que merecido.
Sen dúbida, outro galardón máis a sumar aos moitos que esta obra xa leva colleitados.

Comparte nas túas redes sociais ou por email