'A Esmorga' na Gala dos Nominados dos Goya

Categoría: Nova

Onte, en Madrid, celebrouse a Gala dos Nominados dos premios Goya do Cine que este ano conta coa candidatura de 'A Esmorga', a película producida por Vía Láctea Filmes, Editorial Galaxia e a TVG na categoría de Mellor Guión Adaptado.
Carlos Asorey e Ignacio Vilar foron os autores da adaptación do guión da película de Eduardo Blanco Amor e onte estiveron nesa gala que é antesala da entrega de premios que se celebrará o vindeiro 7 de febreiro.
Na imaxe, os dous coguionistas aferrollan con forza un xigantesco Goya. Que sexa unha imaxe premonitoria!

Comparte nas túas redes sociais ou por email