Como todos os 24 de febreiro, en toda Galicia sucederanse os actos de homenaxe arredor da nosa figura literaria fundacional, a poeta Rosalía de Castro, no día que escollemos no País para homenaxeala.
Sen embargo, este ano, a celebración é máis importante pois neste 2013 cúmprense 150 anos da publicación na cidade de Vigo de 'Cantares Gallegos', o libro que daba comezo ao Rexurdimento da nosa literatura despois de séculos de escuridade. Con ese libro, Rosalía de Castro non só demostraba que se podía facer unha lírica de altura na lingua galega, senón sobre todo a súa propia altura poética. Por iso, a cada ano que pasa, a obra de Rosalía de Castro nos asombra máis e máis.
150 anos despois, a literatura galega segue brillando.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR