Xenealoxía dun intruso

Isaac Xubín

O poeta é un intruso.

Introdúcese entre as cousas. Tradúceas a un idioma ignoto. Ese idioma tamén é para el alleo, nada propio lle pertence. Sente o seu país como unha paisaxe que interpretar, algo que soamente pode absorver do mesmo xeito que as metáfosas absorven e condensan o senso das verbas. O poeta leva tanto tempo a cruzar fronteiras que agora tamén é un intruso na súa casa, no seu país, na súa lingua. Tradutor entre os diferentes mundos,dálle a quen le acceso a eles. Escribe coma se estivese ao outro lado do muro: a man atravesa a parede e redacta sen que o poeta saiba como son os signos que traza nun misterioso papel pautado por un estraño a quen non coñece nin endexamais ha coñecer.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 64
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 125 x 220
  • Data Publicación : 28/02/2020
  • Colección : Dombate
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9151-445-9
  • Edición :
  • Nº na colección : 89
  • Observacións :

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

o-paraiso-dos-inocentesO paraíso dos inocentesAntón Riveiro Coello
9788491514756A esmorga (Ilustrada)Eduardo Blanco AmorDiego Estebo

Autor/a

isaac-xubin-nuria-massot

Xubín, Isaac
(A Coruña, 1978) é licenciado en Filoloxía Galega pola Universidade de Vigo e mestre en Política lingüística e planificación da lingua galega. Como narrador publicou obras de relato curto: Château Bobcat e Le pied de Julien DuPuy, ambos os dous primeiro premio do certame Os Viadutos; e de novela: Non hai outro camiño (Xerais, 2016), Premio da crítica Española. Como poeta ten publicado coleccións, entre as que cómpre salientar Con gume de folla húmida (Sotelo Blanco, 2012), Premio Eusebio Lorenzo Baleirón, e A cadencia da fractura (Xerais, 2017), Premio Manuel Lueiro Ray. Como tradutor, profesor e investigador elaborou un dicionario bilingüe galego-éuscaro e foi lector de lingua e cultura galegas na Universidade Nacional de Irlanda (University College Cork). Tamén publicou traducións, entre as que destacan Sete poemas vascos e Tempo de exilio, de Joseba Sarrionandia, polas que gañou os premios Lois Tobío (2013) e Etxepare (2015) respectivamente.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR